O Proxecto Conta con Elas esta presente na feira Enernova
O Proxecto Conta con Elas está presente na feira sectorial Enernova, I Feira Internacional das EnerxÃas Renovables e o Medio Ambiente, que se realizará do 7 ao 9 de xuño no recinto do Ifevi de Vigo.
Dentro do recinto, Conta con Elas terá un stand de 24 metros cadrados no que se dará información sobre o proxecto e máis especificamente sobre as accións destinadas ás empresas e ao sector medioambiental.
O Proxecto ten como eixe central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral para diminuÃr a segregación laboral das mulleres. Conta con Elas impulsa e favorece o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo.