Castellano

 

Inicio

Que é Conta Con Elas

Mulleres

Empresa

 

Axudas
Empresas pola igualdade
MIDE
Emprégate
Promociona
Actividades
Novas

Institucións

Sociedade

Igualdade de oportunidades

Medio ambiente

Novas tecnoloxías

Acción 3


Empresa >> Actividades

Visitas a empresas

O obxectivo principal é sensibilizar directamente, mediante visitas personais, o empresariado do territorio da Mancomunidade de Vigo sobre a necesidade de aplicación de medidas de Igualdade de Oportunidades e de eliminación da segregación horizontal e vertical.

Campañas sobre a diversificación profesional
Como modo complementario para sensibilizar e chegar ó maior número de empresas posibles acudimos a diversas feiras nas que as empresas teñen unha presencia moi importante.
Durante a asistencia ás feiras dispoñemos dun stand onde dar publicidade do Proxecto, reforzamos a mensaxe có Bus da Igualdade e realizamos mesas redondas de visibilización de mulleres en sectores masculinizados relacionados có sector ó que está destinado a Feira.

Foros en empresas sobre Igualdade de Oportunidades

Con esta acción preténdese que o empresariado e persoal directivo de empresas que estean aplicando medidas de igualdade de oportunidades expliquen ó persoal doutras empresas, responsables de recursos humanos e persoas interesadas as ventaxas de aplicar estas medidas de igualdade de oportunidades.

Responsables de empresas representativas do sector naval, automoción e construcción que estean a aplicar medidas de igualdade de oportunidades explicarán de un modo práctico porque decidieron aplicar estas medidas, as dificultades cas que se encontraron e os beneficios que lles aportan, non só por resultados económicos senón tamén na mellora do clima laboral da empresa.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidade     Mapa