Que é Conta Con Elas
O Proxecto Conta con Elas, cun orzamento de cerca de tres millóns de euros, ten como eixo central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral, para diminuír a segregación laboral das mulleres. O Proxecto Conta con Elas impulsa e favorece o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo.
En marzo de 2005 constitúese a Agrupación de Desenvolvemento Área Metropolitana de Vigo formada pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra, Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras, Deputación Provincial de Pontevedra, Fundación Caixanova, Unión Xeral de Traballadores e Universidade de Vigo. A Agrupación de Desenvolvemento solicita financiamento ao Fondo Social Europeo, a través da iniciativa Equal, para desenvolver un proxecto que traballará para alcanzar unha maior igualdade no mercado de traballo entre homes e mulleres na área de Vigo, o Proxecto Conta con Elas, que en agosto de 2005 inicia a súa execución cunha duración de 2 anos
Actúase sobre o contorno social e educativo, sobre o institucional, sobre o empresarial-laboral e directamente sobre mulleres desempregadas formadas en profesións con escasa presenza feminina.
Tamén se actúa sobre mulleres empregadas para a súa promoción dentro da empresa, mediante plans individualizados de formación.
O Proxecto conta con catro centros antena para atención a persoas en Vigo, O Porriño, Redondela e Gondomar, ademais dos centros atendidos polos sindicatos con persoal especialista no sector laboral dende a perspectiva de xénero.
O Proxecto Conta con Elas participa no proxecto transnacional “CONSTRUIRE ENSEMBLE UN NOUVEAUX PARCOURS CONTRE LES DISCRIMINATIONS” formado polo proxecto SAVOIR-FAIRE PYRENEENS de Toulouse (Francia); RECUPERARE LO SVILUPPO de Chieti (Italia), e o proxecto EXITO de Oporto (Portugal).
A sede web do proxecto transnacional é: www.construireensemble.org
Subir
|