Acción 3 >> Qué é
CONTA CON ELAS: VISIBILIZANDO A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. " Transferencia de boas prácticas"
As boas prácticas que se pretende transferir a través da Acción 3 do proxecto CONTA CON ELAS céntranse nas estratexias metodolóxicas e nos materiais e documentos para a sensibilización socioeducativa, institucional e empresarial que se desenvolveron e experimentado no marco do programa de traballo nacional.
Cómpre lembrar que o obxectivo xeral do proxecto CONTA CON ELAS é a diminución da segregación laboral, horizontal e vertical, no emprego mediante unha intensa tarefa de sensibilización desenvolvida a tres niveis: socioeducativo, institucional e empresarial, co fin de facilitar a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres en sectores de actividade e ocupacións masculinizados. Por iso, a boa práctica para transferir na Acción 3 identificouse a partir das actuacións do programa de traballo nacional estruturadas nas seguintes liñas:
. Sensibilización socioeducativa e atención ás persoas.
. Sensibilización institucional e actividades empresariais.
. Igualdade de oportunidades, avaliación de accións e transnacionalidade.
AsÃ, en cada liña de actuación identificáronse aquelas experiencias que tiveron un maior impacto na sensibilización contra a segregación laboral por razón de xénero e a inserción laboral de mulleres desempregadas en profesións e/ou sectores masculinizados. Deste modo, a boa práctica para transferir concretouse en distintas experiencias de carácter menos amplo que unha boa práctica xeral pero máis precisa. Será nelas nas que se focalizará a Acción 3 de CONTA CON ELAS.
Son as seguintes:
. Boa Práctica 1 (BP1): A visibilización de mulleres en profesións e/ou sectores masculinizados. Comprobouse que o desenvolvemento de actividades e materiais para difundir e dar visibilidade ás experiencias reais de mulleres que traballan en profesións e/ou sectores masculinizados ten un importante valor exemplificador e produce impactos significativos en termos de sensibilización social. Por iso, a primeira boa práctica que se pretende transferir consiste no uso das devanditas actividades e materiais de sensibilización socioeducativa.
. Boa práctica 2 (BP2): A eliminación de estereotipos e a promoción da diversificación profesional. No marco do programa de traballo nacional de CONTA CON ELAS leváronse a cabo actuacións de promoción da diversificación profesional e de loita contra os estereotipos de xénero no ámbito educativo. Estas actuacións permitiron o desenvolvemento de estratexias e materiais que tiveron un impacto significativo tanto en alumnos/ás coma no profesorado. Polo tanto, preténdese transferir o uso das estratexias e materiais desenvolvidos.
. Boa práctica 3 (BP3): A inclusión de mecanismos de promoción da igualdade de oportunidades dende a perspectiva de xénero nos pregos de licitación das administracións públicas. CONTA CON ELAS levou a cabo, no marco da liña de sensibilización institucional, actuacións de promoción da denominada cláusula da igualdade. AsÃ, constatouse a utilidade desta ferramenta para a sensibilización tanto das institucións coma das empresas que participan nos procesos de licitación. Por iso, a terceira boa práctica que se transferirá basearase no uso desta estratexia de sensibilización nos ámbitos institucional e empresarial.
. Boa práctica 4 (BP4): As aprendizaxes extraÃdas dos diagnósticos para a igualdade de oportunidades nas empresas. No programa de traballo nacional de CONTA CON ELAS desenvolvéronse os "MIDE- Diagnóstico de Igualdade de Oportunidades para as empresas" da Ãrea de Vigo. Os "MIDE" son un instrumento que permite mellorar a xestión dos RRHH e promover a toma en consideración do xénero como factor de discriminación efectivo ou potencial. Por este motivo, no marco de Acción 3 proponse promover a transferencia das aprendizaxes extraÃdas a partir da aplicación desta ferramenta de sensibilización e de traballo coas empresas para a loita contra a segregación laboral por razón de xénero.
//=$img_top.txt_format($row_main["texto$idiomaweb"]).$img_bot;?>
Subir
|