Castellano

 

Inicio

Que é Conta Con Elas

Mulleres

Empresa

Institucións

Sociedade

 

Bancos do tempo
Bus da igualdade
Boletín Bus da igualdade
Actividades
Novas
Reportaxes
O Planeta da Igualdade

Igualdade de oportunidades

Medio ambiente

Novas tecnoloxías

Acción 3


Sociedade > Novas

O proxecto Conta con elas impartiu un curso de igualdade de oportunidades para o profesorado

O Proxecto Conta con elas impartirá no mes de marzo un curso ó profesorado, preferentemente con funcións de titoría e persoal dos departamentos de orientación, sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres co título “A transversalidade de Xénero no ámbito educativoâ€.

O curso está dentro do plan anual de formación do profesorado 2005/2006 do Centro de formación e Recursos (CEFORE) de Vigo dependente da Xunta de Galicia

Os obxectivos da actividade son sensibilizar ao profesorado da necesidade de incluír a perspectiva de Igualdade de Oportunidades no labor docente e facilitar ferramentas conceptuais e estratexias para a eliminación dos estereotipos sexistas, respecto á elección vocacional e profesional do alumnado.

O curso impartirase en Vigo a 20 profesionais do ensino no mes de marzo cunha duración de 20 horas.

Está previsto que este curso se repita no plan de formación ó profesorado no período 2006-2007 e a realización doutra actividade para tratar os novos enfoques da educación dende a perspectiva da igualdade de xénero.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidade     Mapa