Sociedade >> Actividades
As actividades que se desenvolven dende o proxecto Conta con Elas no marco do Mes da Igualdade teñen como obxectivo sensibilizar no contorno social e educativo en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O mes desenvólvese coa presencia do Bus da Igualdade no concello cunha estancia aproximada dunha semana en diferentes ubicacións segundo a poboación á quen se dirixa.
As actividades habituais que se planifican dende o proxecto son:
O Bus da Igualdade é a acción máis visible do proxecto Conta con Elas levada a cabo pola Deputación de Pontevedra. Serve de plataforma para dar a coñecer todo o relativo ao traballo en materia de muller no contorno, asà como de marco para desenvolver as actividades de sensibilización.
Cine Fórum que consiste no visionado de pelÃcula con contidos de interese silentables na procura da diversificación profesional e a eliminación de estereotipos de xénero.
Exposición itinerante "Imaxina e comparte mais" de doce paneis para instalar en espazos con grande afluencia de público como Concellos e salas multiusos.
Obradoiro “Cambiando os guións. Eu tamén quero ser...†onde a partir dos coñecementos, vivencias e actitudes do alumnado procúrase unha aprendizaxe significativa e constructiva baseada nos seus intereses, capacidades e necesidades.
Obradoiro “AproxÃmate a igualdade. Homes e mulleres nun mesmo espazoâ€: unha introdución na temática de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e da convivencia familiar entre xéneros
Mesa de visibilización de mulleres “Experiencias de mulleres que nos fan iguaisâ€: mesa redonda con presenza de mulleres con ocupacións tradicionalmente masculinizadas
//=$img_top.txt_format($row_main["texto$idiomaweb"]).$img_bot;?>
Subir
|