Sociedade >> Bancos do tempo
O Proxecto conta con Elas financia a creación de cinco “Bancos do Tempo” en Vigo
Os bancos do tempo son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural. O Proxecto Conta con Elas impulsa de xeito experimental a súa posta en marcha, entendendo os “bancos do tempo” como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.
O Proxecto Conta con Elas adxudicou á Federación Veciñal a posta en marcha de cinco secretarías de “Bancos do tempo” no concello de Vigo.
O Tf.de contacto é: 986.223067. Páxina Web.
Conta con Elas financia durante seis meses o seu funcionamento e cede o equipamento informático e material dos bancos do tempo.
As sés das secretarías do banco do tempo están situadas:
Ámbito Ámbito urbano
Sé da Federación Veciñal de Vigo “Eduardo Chao” Pz da Princesa, nº7- 2º andar, 36202
Secretaría Fonte O Galo. Rúa Rosalía de Castro nº41-z interior
Ámbito Semiurbano
Secretaría A Paz. Rúa Pardaln nº 14, baixo
Ámbito rural
Secretaría Coruxo. Avda. Ricardo Mella, nº 296
Secretaría O Freixo. Estrada de S. Xoan nº 264
Valadares:
Sede Social do Centro Cultural, A.R. Valadares.
Estrada Xeral de Valadares, número 233 – 36315-Vigo
//=$img_top.txt_format($row_main["texto$idiomaweb"]).$img_bot;?>
Subir
|