Castellano

 

Inicio

Que é Conta Con Elas

Mulleres

Empresa

 

Axudas
Empresas pola igualdade
MIDE
Emprégate
Promociona
Actividades
Novas

Institucións

Sociedade

Igualdade de oportunidades

Medio ambiente

Novas tecnoloxías

Acción 3


Empresa > Novas

Presentación das axudas a empresas: Rede de Empresas pola Igualdade e Promociona do Proxecto Equal Conta con Elas

O mércores 18 de outubro a concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Lucía Molares, presentou a Rede de Empresas pola Igualdade e a acción Promociona do Proxecto Equal Conta con Elas.
Estas dúas accións do Proxecto son executadas pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), entidade asociada ao Proxecto Conta con Elas.
A Rede de Empresas pola Igualdade ten como obxecto a convocatoria de axudas para a aplicación de medidas efectivas a favor da Igualdade de oportunidades en empresas do territorio da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. As actividades subvencionables son medidas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral dentro das empresas , entre outras, a implantación de sistemas de organización do traballo (teletraballo), convenios ou concertos con garderías e /ou centros de día, e a adaptación das instalacións mediante a construcción de vestiarios para mulleres ou baños.
Promociona ten como finalidade incentivar o ascenso promocional da muller traballadora no territorio da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo mediante axudas á formación a medida de mulleres de 30 empresas.
O importe máximo da axuda para a Rede de Empresas pola Igualdade é de ata 4.000 euros por empresa. Haberá un recoñecemento público para as empresas que destaquen pola implantación de medidas de igualdade de Oportunidades.
O importe máximo da axuda no caso de Promociona é de ata 2.300 euros por empresa.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidade     Mapa