Castellano

 

Inicio

Que é Conta Con Elas

Mulleres

Empresa

 

Axudas
Empresas pola igualdade
MIDE
Emprégate
Promociona
Actividades
Novas

Institucións

Sociedade

Igualdade de oportunidades

Medio ambiente

Novas tecnoloxías

Acción 3


Empresa > Novas

Inicio do curso â€Finanzas para empresariasâ€

O Proxecto Conta con Elas ofrece 40 prazas gratuítas para o curso “Finanzas para empresarias†de 65 horas de duración que se desenvolverá online entre os días 27 de setembro ó 12 de novembro do 2007.
As persoas prioritariamente destinatarias da formación son emprendedoras que crearan ou vaian crear a súa empresa na Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo, preferentemente en sectores tradicionalmente masculinizados, proxectos innovadores ou medioambientais.
As mulleres que queiran concorrer á selección deben ser residentes no territorio da Mancomunidade de Vigo e presentar a súa solicitude antes do día 24 do mes de setembro. Pódese encontrar máis información no sitio web do Proxecto Conta con Elas (www.contaconelas.org).
A metodoloxía do curso é a distancia titorizada. Haberá unha sesión presencial para a presentación da plataforma. O obxectivo é introducir e afondar nas cuestións básicas na xestión das finanzas empresariais para a xestión óptima das empresas.
Entre outros temas se axudará a identificar os diferentes ciclos que xeran a actividade empresarial e os documentos básicos na xestión financeira, a coñecer as necesidades financeiras vinculadas á creación da nova empresa e a analizar as diversas fontes de financiamento existentes na empresa e tratar de valorar dende un punto de vista homoxéneo como é o custo que supoñen para a empresa.


>> Arquivo adxunto:
solicitude_participacion_formacion_emprendedoras_finanzas.doc (100 KB)

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidade     Mapa