Castellano

 

Inicio

Que é Conta Con Elas

 

Agrupación de desenvolvemento
Equipo
Sedes
Que é Equal
A quen vai dirixido
Como colaborar
Publicacións e Materiais
Novas
Reportaxes

Mulleres

Empresa

Institucións

Sociedade

Igualdade de oportunidades

Medio ambiente

Novas tecnoloxías

Acción 3


Qué é Conta Con Elas > Novas

Inauguración da exposición O Planeta da Igualdade no Verbum

Lucía Molares, concelleira delegada da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo para o Proxecto Conta con Elas, inaugurou hoxe a exposición O planeta da igualdade" nos cubos "M" e "LL" no museo Verbum-Casa das Palabras. Esta exposición ponse en marcha coa colaboración da Concellería da Muller do Concello de Vigo.

O Planeta da Igualdade concíbese como un espazo interactivo onde as rapazas e rapaces dos colexios de Vigo aprenderán xogando cal é o significado que ten a igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos da nosa sociedade.

Esta exposición interactiva busca que a reflexión sobre as diferentes funcións asignadas tradicionalmente aos homes e ás mulleres e romper con estereotipos.

Por iso están a disposición das persoas que a visiten diversos xogos dirixidos aos nenos e nenas, ás nais e aos pais, ao profesorado, ao empresariado e en xeral a todas e todos, cos cales poden divertirse e tamén formarse nun novo concepto da igualdade real entre mulleres e homes.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidade     Mapa