Castellano

 

Inicio

Que é Conta Con Elas

 

Agrupación de desenvolvemento
Equipo
Sedes
Que é Equal
A quen vai dirixido
Como colaborar
Publicacións e Materiais
Novas
Reportaxes

Mulleres

Empresa

Institucións

Sociedade

Igualdade de oportunidades

Medio ambiente

Novas tecnoloxías

Acción 3


Qué é Conta Con Elas > Novas

Presentación do portal Emprégate

O presidente da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo, Abel Caballero, presentou o martes 4 de decembro o portal Emprégate.

Emprégate nace como un portal de emprego feminino, nunha primeira fase para as usuarias do Proxecto Conta con Elas e neste período por extensión a todas as mulleres da área metropolitana de Vigo. Como os demais portais de emprego, ten a posibilidade de que as persoas en busca de emprego introduzan o seu currículo e que as empresas publiquen ofertas. A dirección na rede é www.empregate.org

O Portal ten seccións dedicadas aos seguintes perfís: candidatas, mulleres en busca de emprego ou mellora laboral; emprendedoras, mulleres con perfil emprendedor, e empresas, ás que permite a publicación de ofertas de traballo e a posibilidade de buscar persoal.

A especificidade do portal, ademais do ámbito xeográfico, é que está exclusivamente dirixido ás mulleres como solicitantes de emprego, ben sexa como contratadas ou emprendedoras.

As diferentes seccións son, entre outras, subvencións, oferta pública de emprego, artigos de interese cara á busca de emprego, lexislación e información sobre igualdade.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidade     Mapa