Qué é Conta Con Elas > Novas
Xornadas "Muller e Medioambiente: Perspectivas en Clave de Sostenibilidade
O Proxecto Conta con Elas financiado polo Fondo Social Europeo a través da iniciativa comunitaria Equal (2005-2007) vén realizando un labor de sensibilización empresarial e laboral co obxectivo de diminuÃr a segregación laboral das mulleres na Mancomunidade da Ãrea intermunicipal de Vigo. O Proxecto, impulsa e favorece o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo. Ademais e como valor engadido, o Proxecto Conta con Elas contempla o desenvolvemento transversal de accións con marcado contido ambiental.
A Fundación Caixanova, como entidade socia do Proxecto Conta con Elas da A.D. “Ãrea Metropolitana de Vigoâ€, desenvolveu unha acción chamada "Reafirma-Medioambiente" que consistiu na concesión de 18 bolsas para facilitar a mulleres a posibilidade de iniciación profesional relacionada coa posta en marcha ou desenvolvemento dun proxecto de carácter ambiental nunha empresa ou institución situada no territorio da Mancomunidade da Ãrea intermunicipal de Vigo.
Nesta liña, a Fundación Caixanova organiza agora esta Xornada de sensibilización, en colaboración con Emaús Fundación Social, que pretende resaltar a achega das mulleres ao medioambiente dende diferentes esferas e ámbitos de actuación, analizando, en definitiva, diferentes perspectivas en clave de sostenibilidade.
O acto está dirixido a todas as entidades, representantes de empresas e beneficiarias do Proxecto Conta con Elas asà como a todas aquelas persoas con perfil técnico ou responsabilidade polÃtica e pública que desenvolven a súa actividade profesional no ámbito do medioambiente, os servizos sociais e o fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
-----------------------------------------------
Data e Lugar:
13 de Diciembre de 2007
Auditorio do Centro Social Caixanova
R/ Policarpo Sanz nº 26. Vigo
Pontevedra
>> Arquivo adxunto:
Triptico_Inscricion.zip (3728 KB)
Subir
|