Qué é Conta Con Elas > Novas
O Banco do Tempo amplÃa os seus servizos
Catro novas secretarÃas achegarán o programa de intercambios de tempo a distintos puntos da cidade
Este mes de setembro o programa dos Bancos do Tempo, financiado por Conta con Elas e xestionado pola Federación Veciñal, amplÃa a súa cobertura coa posta en funcionamento de 4 novas secretarÃas que estarán ubicadas en:
- Asociación Veciñal “A Paz†(zona A Doblada – Calvario; rúa Pardal nº 14). Atención os xoves en horario mañá de 9.30 - 11.30 h., martes e vernes en horario de tarde, de 19.00 a 21.00 h. Tfno. 986 26 11 05.
- Asociación Veciñal “Fonte do Galo†(zona Centro Areal- TravesÃa de RosalÃa de Castro, nº 41-z baixo.). Atención os martes pola mañá de 10.00 a 13.00 h e mércores e xoves en horario de tarde de 17.00 a 21.00 h. Tfno. 886 12 54 29.
- Asociación Veciñal de Coruxo (Coruxo - avda. Ricardo Mella nº 256). Os luns pola tarde de 17.00 a 21.00 h. e os vernes pola mañá de 9.30 a 13.30h. Tfno. 986 46 08 14.
- Asociación Veciñal de Candeán (Candeán – rúa Devesa nº 25). Os martes de 11.30 a 13.30 h. e de 17.00 a 19.00; os xoves pola tarde de 17.00 a 21.00 h. Tfno. 986 26 13 65.
A apertura das novas secretarÃas responde á necesidade de atender a todas as persoas dentro do seu entorno social, asà como de achegar este programa aos ámbitos periurbanos, onde o acceso aos servizos é mais complicado, sobre todo para as persoas con cargas familiares. Os novos servizos non implican que as persoas usuarias teñan que acudir ao punto máis preto do seu domicilio, senón que as secretarÃas están abertas a calquera persoa, independientemente do seu domicilio. Seguirase prestando servizo no local da FAVEC os luns e venres en horario de mañá e de tarde, mércores e xoves pola mañá e martes pola tarde.
Na terceira semana de setembro haberá unha xuntanza entre as usuarias e os usuarios para que poidan coñecerse e intercambiar as súas experiencias, no local da Federación Veciñal.
Festa Veciñal
A Festa Veciñal 2007, que terá lugar os vindeiros 29 e 30 de setembro no Parque de Castrelos, contará cun stand dos Bancos do Tempo que dará a oportunidade de coñecer de preto o programa, aclarar as as dúbidas e inscribirse para comerzar a dar e recibir tempo.
Subir
|