Acción 3 >> Actuacións
As actuacións que se farán son:
Actuación 1. Promoción da transferencia da visibilización das mulleres nas profesións e/ou sectores masculinizados. > Tal e como se explicou anteriormente, no marco do conxunto de accións que se desenvolveron ao redor do "Bus da Igualdade" nos distintos municipios da MAIV, está a acción "Mesa de visibilización de mulleres: Experiencias de mulleres que nos fan iguais". Esta acción ten como obxectivo dar a coñecer, á cidadanÃa en xeral, experiencias de mulleres que traballan en profesións e/ou sectores masculinizados. A acción consiste nunha charla na que as mulleres explican a súa vivencia. No marco de Acción 3 proponse o desenvolvemento das seguintes actividades:
. Produción dun DVD, de aproximadamente 15 minutos de duración, que
recolla fragmentos das distintas experiencias que se dan a coñecer na "Mesa de visibilización de mulleres".
Actuación 2. Promoción da transferencia dos materiais para a eliminación de estereotipos e a promoción da diversificación profesional no ámbito educativo. No contexto da actividade do "Cine-forum" do programa de traballo nacional, que é unha das actuacións que se realizan durante o "Mes da Igualdade", elaboráronse materiais didácticos que permiten reflexionar e analizar os contidos de pelÃculas preseleccionadas.
Estes materiais son, dunha parte, unha GuÃa para os/as titores/as que enmarca a pelÃcula e sitúa os elementos claves para o traballo cos/as alumnos/as e, doutra, un Cuestionario de preguntas dirixidas ao alumnado nas que se formulan aspectos relativos á diversificación profesional e ao peso dos estereotipos de xénero na elección das saÃdas profesionais.
Asà mesmo, deseñáronse xogos interactivos en soporte on line baixo o lema "A igualdade non e un xogo".
No marco de Acción 3 proponse o desenvolvemento das seguintes actividades:
. Edición e publicación dos materiais didácticos do Cine-forum.
. Elaboración, edición e publicación de materiais de apoio dos xogos interactivos "A igualdade non e un xogo". Proponse elaborar materiais de apoio que permitan usar os xogos por parte de os/as titores/ás de secundaria para traballar co alumnado temas como os intereses profesionais, as saÃdas laborais ou os perfÃs necesarios para as distintas ocupacións.
Actuación 3. Promoción da transferencia da inclusión de mecanismos de promoción da igualdade de oportunidades dende a perspectiva de xénero nos pregos de licitación das administracións públicas.Tal e como xa se explicou anteriormente, CONTA CON ELAS levou a cabo, no marco da liña de sensibilización institucional, actuacións de promoción da denominada cláusula da igualdade. AsÃ, constatouse a utilidade desta ferramenta para a sensibilización tanto das institucións coma das empresas que participan nos procesos de licitación.
Por iso, en Acción 3 promoverase a transferencia do uso desta ferramenta a través das seguintes actividades:
. Desenvolvemento de obradoiros para a difusión e transferencia da cláusula da igualdade. Invitarase a participar nestes talleres a técnicos/as de secretarÃa e intervención do conxunto das administracións públicas do territorio galego. O programa formativo dos talleres centrarase na cláusula da igualdade e outros mecanismos tendo en conta aspectos xurÃdicos, técnicos e económicos. Para o desenvolvemento destes obradoiros elaboraranse materiais formativos especÃficos a partir dos resultados conseguidos no marco do programa de traballo nacional. Prevese a realización de tres 3 obradoiros con capacidade para 25 persoas cada un.
Actuación 4. Promoción da transferencia das aprendizaxes extraÃdas de MÃDEOS - diagnósticos de Igualdade de Oportunidades para as Empresas. A través do programa de traballo nacional de CONTA CON ELAS leváronse a cabo diagnósticos de igualdade de oportunidades en empresas do territorio da MAIV.
Nestes diagnósticos tratáronse aspectos como, por exemplo, o número de homes e mulleres no equipo e a súa distribución por categorÃas profesionais, por tipo de xornada, por modalidade de contratación e por horarios. Froito deste traballo extraéronse unha serie de aprendizaxes sobre os aspectos máis relevantes que deben terse en conta para desenvolver unha polÃtica de persoal que respecte a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. AsÃ, no marco de Acción 3 propóñense as seguintes accións:
. Elaboración, publicación e difusión dun Decálogo de apoio ás empresas para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. O Decálogo recollerá, cunha estrutura de plan de acción, as actividades e aspectos máis relevantes que deben terse en conta para desenvolver unha polÃtica de persoal que respecte a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. A elaboración do Decálogo partirá das experiencias obtidas en MÃDEOS e permitirá chegar a moitas máis empresas que as que será posible atender directamente con eles.
Actuación 5. Promoción da transferencia. Co obxectivo de crear mecanismos que apoien os traballos das actuacións anteriores, centrados na promoción da transferencia das boas prácticas, levaranse a cabo as seguintes actividades:
. Espazo para Acción 3 na web de CONTA CON ELAS. Dentro da web do proxecto construirase un espazo dedicado a Acción 3. Neste presentaranse os seus obxectivos, as actuacións previstas, a axenda de actividades, e colgaranse os documentos e os produtos resultantes.
. Xornada de difusión e transferencia das Boas Prácticas. Previuse a realización dunha Xornada de difusión e transferencia para presentar, por un lado, as actuacións que se levaran a cabo en Acción 3 e, por outro lado, para apoiar a transferencia do conxunto de boas prácticas identificadas en CONTA CON ELAS.
//=$img_top.txt_format($row_main["texto$idiomaweb"]).$img_bot;?>
Subir
|