Castellano

 

Inicio

Que é Conta Con Elas

Mulleres

Empresa

Institucións

Sociedade

Igualdade de oportunidades

 

Boletín da igualdade
Actividades
Novas

Medio ambiente

Novas tecnoloxías

Acción 3


Igualdade de oportunidades > Novas

Conta con Elas ofrece vinte plazas gratuitas para formación en igualdade de oportunidades

O Proxecto Conta con Elas ofrece 20 prazas gratuítas para o módulo “Economía e xénero†de 60 horas de duración que forma parte do “Master en Xénero, Educación, políticas de igualdade e liderazgo†que organiza a Universidade de Vigo.

As persoas prioritariamente destinatarias da formación son o persoal de recursos humanos e mandos intermedios de empresas, asemade tamén poderán solicitar praza persoal técnico en inserción laboral ou que traballe con colectivos de mulleres e persoal que traballe no ámbito da igualdade de oportunidades. Tamén poden acudir á convocatoria persoas que traballaran nos últimos dous anos en calquera dos ámbitos anteriormente mencionados e estean agora en situación de desemprego.

As persoas que queiran concorrer á selección deben ser residentes no territorio da Mancomunidade de Vigo e presentar a súa solicitude antes do día 20 do mes de setembro. O proceso de selección de persoas candidatas será por concurso de méritos. Pódese encontrar máis información no sitio web do Proxecto Conta con Elas (www.contaconelas.org).

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidade     Mapa