Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

Mujeres

Empresa

 

Ayudas
Empresas por la igualdad
MIDE
Emprégate
Promociona
Actividades
Noticias

Instituciones

Sociedad

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Empresa > Noticias

Xornada “Donas emprendedoras e innovadorasâ€

O martes 15 de maio, a partir das 9.30 horas, terá lugar no novo Espazo da Muller Emprendedora (EME) a Xornada “Donas emprendedoras e innovadoras†organizada polo Proxecto Conta con Elas.
A xornada contará coa participación de Pilar Jérico, unha experta sobre a xestión do talento, do medo e do poder e o seu impacto no liderado, no desenvolvemento profesional e no traballo en equipo. Esta especialista, que pronunciará unha conferencia co título “Innovación empresarial. Mulleres empren¬dedorasâ€, será presentada pola concelleira delegada da Mancomunidade para o Proxecto Conta con Elas, Lucía Molares.
Ademais de Pilar Jericó, dúas emprendedoras viguesas participarán na xornada. María Villar é una emprendedora de 34 anos de idade que en pouco máis dun año logrou introducir a súa marca de pasta La Ricotta nunha gran cadea de dis¬tribución alimentaria galega (Gadis) e deuna a coñecer a nivel estatal.
Victoria Millán ofrece dende a súa empresa “Calor Humanoâ€, integrada no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Vigo, servizos de atención a persoas maiores nos seus fogares, tanto aos que podan valerse por se mesmos como aos que precisen coidados especiais. A xornada ten o obxectivo de amosar ás mulleres emprendedoras, con ideas ou proxectos empresariais, en marcha ou non, ou mulleres empresarias da Mancomunidade de Vigo tres experiencias que lles poden axudar a coñecer os métodos e estratexias necesarias para conseguir o éxito na creación da súa nova empresa.


>> Archivo adjunto:
xornada_donas.zip (206 KB)

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa