Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

Mujeres

Empresa

 

Ayudas
Empresas por la igualdad
MIDE
Emprégate
Promociona
Actividades
Noticias

Instituciones

Sociedad

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Empresa > Noticias

Convocatoria da acción Emprende-Innova

Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, e Iván Area Carracedo, vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo presentaron o martes 10 de abril a convocatoria da acción Emprende-Innova do Proxecto Conta con Elas.

A acción será executada pola Universidade de Vigo, entidade que forma parte de Agrupación de Desenvolvemento do Proxecto Conta con Elas.

O obxecto é a convocatoria de axudas para o apoio á creación de 10 empresas innovadoras constituídas ou dirixidas maioritariamente por mulleres no territorio da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo.
O obxectivo é seleccionar 10 empresas e apoiar a súa posta en marcha. Está dirixido a mulleres en sectores nos que a presenza en postos de dirección ou como empresarias é inferior á media e empresas que teñan un carácter innovador.

A axuda é para os gastos de constitución – escritura pública, IAE, gastos de lanzamento, gastos de xestoría, etc.-, para os gastos de inicio e posta en marcha – compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos , arrendamento do local, man de obra empregada na reforma ou adecuación do local e maquinaria, publicidade, elaboración páxina web e suministros-, para os gastos correspondentes á contratación de servizos alleos - asesoramento en materia socio-laboral e xestión de contabilidade- e para inversión inicial cuxo fin é apoiar a creación de empresas innovadoras no territorio da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo.


>> Archivo adjunto:
BASES_e_ANEXOS_DAS_AXUDAS_ELAS_EMPRENDEN_E_INNOVAN_+.pdf (124 KB)

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa