Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

Mujeres

Empresa

Instituciones

Sociedad

 

Bancos del tiempo
Bus de la igualdad
Boletín Bus de la igualdad
Actividades
Noticias
Reportajes
O Planeta da Igualdade

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Sociedad > Noticias

O Bus da Igualdade percorrerá as parroquias de Vigo

O luns 20 de novembro comezou en Vigo o Mes da Igualdade coa presenza do Bus da Igualdade na rúa do Príncipe de Vigo. Ao acto asistiron Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Nidia Arévalo, deputada provincial, e representantes da Mancomunidade de Vigo.

O Bus da Igualdade é unha iniciativa do proxecto Equal Conta con Elas da Agrupación de Desenvolvemento Ãrea Metropolitana de Vigo.

O bus permanecerá do día 20 de novembro ao 5 de decembro con horario de 10:30 a 13:30 e 17:00 a 20:00 nas rúas de Vigo, dirixíndose especialmente ás zonas con poboación en idade escolar.

O bus estará en Coruxo, Saiáns, Teis, Bouzas, Praza de América, Rúa Aragón e na Rúa do Príncipe. No mes de marzo, ao redor do día da Muller, volverá a estar nas rúas viguesas.

Ata a data de hoxe o Bus estivo nos concellos de Redondela, Baiona, Soutomaior, O Porriño, Gondomar e Nigrán, ademais de nas feiras Sico e Navalia. Máis de 1000 persoas, delas 725 escolares de 14 a 16 anos, visitaron o bus e participaron nas actividades.

O bus está dotado de xogos interactivos, aplicacións informáticas e multimedia e material informativo que poderán utilizar as persoas que o visiten.


>> Archivo adjunto:
nota_prensa_presentacion_mes_igualdade_vigo.doc (241 KB)

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa