Sociedad > Noticias
PRESÉNTASE O MES DA IGUALDADE DE CONTA CON ELAS EN SALVATERRA
O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Salvaterra coa presenza do bus da igualdade o día 31 de xaneiro.
O Bus da Igualdade permanecerá no concello do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro, e as actividades paralelas desenvolveranse desde o 29 de xaneiro ata o 2 de febreiro. Durante eses días desenvolveranse obradoiros da igualdade, tanto para persoas adultas coma para nenos e nenas en idade escolar. Tamén haberá un cineforum sobre a película “Quero ser como Beckham”. Unha exposición, “Imaxina e comparte mais”, na Sala de Plenos do Concello completará a programación de actos.
O Mes da Igualdade está dirixido á poboación de Salvaterra a través de actos en locais do concello e tamén por medio do Bus da Igualdade, achegándose aos veciños e ás veciñas alí onde discorre o seu día a día. Dará visibilidade ás mulleres que xa están a traballar en sectores tradicionalmente masculinos e proporcionará formación á comunidade educativa para que se termine coa segregación laboral da muller.
O Bus da Igualdade permanecerá estacionado o día 31 de xaneiro e 1 de febreiro na Praza do Concello, o día 2 no Instituto de Ensino Medio Salvaterra de Miño.
Subir
|