Qué es Conta Con Elas > Noticias
Inicio do obradoiro “Bancos do Tempo”
Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, inaugurará hoxe ás 16.00 horas no Citic o obradoiro de formación do Proxecto Conta con Elas “Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo”.
O proxecto nesta primeira fase de posta en marcha dos “Bancos do tempo”, organiza este obradoiro de formación e sensibilización que está dirixido a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo. Este obradoiro impartirase en Vigo os próximos días 22, 23 e 24 de febreiro no Citic.
Os bancos do tempo son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural. O Proxecto Conta con Elas impulsará de xeito experimental a súa posta en marcha, entendendo os “bancos do tempo” como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.
Xa nunha segunda fase, o proxecto Conta con Elas, impulsará e apoiará a creación de bancos do tempo na cidade de Vigo.
Subir
|