Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

 

Agrupación de desarrollo
Equipo
Sedes
Qué es Equal
A quién va dirigido
Cómo colaborar
Publicaciones y Materiales
Noticias
Reportajes

Mujeres

Empresa

Instituciones

Sociedad

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Qué es Conta Con Elas > Noticias

Inauguración da Xornada Transnacional “Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres”.

O venres 27 de outubro a concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Lucía Molares, inaugurará a Xornada Transnacional “Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres” do Proxecto Equal Conta con Elas, que se desenvolverá de 9:15 ás 13:00 horas no Auditorio do Centro Social Caixanova.

A Xornada, que será pública, é o remate de tres días de traballo entre as entidades transnacionais asociadas a Conta con Elas dentro do proxecto “CONSTRUIRE ENSEMBLE UN NOUVEAUX PARCOURS CONTRE LES DISCRIMINATIONS” (Construír xuntos novos camiños contra as discriminacións).

As entidades asociadas asistentes a este encontro son os proxectos SAVOIR-FAIRE PYRENEENS de Toulouse (Francia); RECUPERARE LO SVILUPPO de Chieti (Italia), e EXITO de Porto (Portugal), que están representadas neste Encontro por 6, 9 e 14 persoas respectivamente..

Na xornada presentaranse os catro proxectos e haberá un relatorio no que Xaime Cabeza, catedrático da Universidade de Vigo, presentará o estudo “Análise de xénero na negociación colectiva do metal e da construción nas empresas da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo”. Tamén haberá unha mesa redonda ao redor da igualdade de oportunidades na educación na que Carmen López, da Deputación de Pontevedra, presentará o xogo interactivo “A igualdade non é un xogo”.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa