Qué es Conta Con Elas > Noticias
Inicio do obradoiro ”Aplicación das políticas de Igualdade de Xénero no Ámbito Local”
O Proxecto Conta con Elas imparte o día 22 de novembro o obradoiro ”Aplicación das políticas de Igualdade de Xénero no Ámbito Local” a 31 persoas, 19 delas da política e 12 da administración local do Val Miñor. O acto será presentado pola xerenta da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Érika Jaraiz Gulías.
O obxectivo do obradoiro, que terá lugar no hotel Baía de Baiona, é reforzar o coñecemento sobre as políticas de igualdade, tanto na Unión Europea como en España, presentando exemplos e boas prácticas desenvolvidas desde o eido local, cunha metodoloxía práctica e de utilidade para as persoas que participan. É o terceiro obradoiro de igualdade dirixido a persoal político e administrativo, os dous anteriores tiveron lugar en Vigo e no Porriño.
O Proxecto Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.
Subir
|