|
 |
 |
# NÚMERO 3 | DICIEMBRE 2006 | EDICIÓN WEB
|
Contenido:
|
|
| Xornadas “Novos enfoques da educación desde a perspectiva de igualdade de xénero” |
O xoves 5 de outubro Lucía Molares, concelleira delegada do proxecto, inaugurou no MARCO as xornadas “Novos enfoques da educación desde a perspectiva de igualdade de xénero” organizadas polo Proxecto Conta con Elas en colaboración có Centro de Formación e Recursos da Consellería de Educación (CEFORE) de Vigo.
As xornadas tiveron lugar durante os días 5, 6 e 7 de outubro e estaban dirixidas a profesionais do ensino de todos os niveis, educadores e educadoras, profesionais de escolas obradoiro, profesorado de formación ocupacional e calquera persoa interesada na igualdade na educación.
Participaron máis de 120 persoas.(Continúa)
|
|
| |
| |
| Xornada Transnacional “Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres” |
O venres 27 de outubro a concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Lucía Molares, inaugurou a Xornada Transnacional “Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres” do Proxecto Equal Conta con Elas, que se desenvolveu ese día no Auditorio do Centro Social Caixanova.
A Xornada, que foi pública, foi o remate de tres días de traballo entre as entidades transnacionais asociadas a Conta con Elas dentro do proxecto “CONSTRUIRE ENSEMBLE UN NOUVEAUX PARCOURS CONTRE LES DISCRIMINATIONS” (Construír xuntos novos camiños contra as discriminacións).
As entidades asociadas asis...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Presentación das axudas a empresas: Rede de Empresas pola Igualdade e Promociona |
O mércores 18 de outubro a concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Lucía Molares, presentou a Rede de Empresas pola Igualdade e a acción Promociona do Proxecto Equal Conta con Elas.
Estas dúas accións do Proxecto son executadas pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), entidade asociada ao Proxecto Conta con Elas, que estivo representada por Encarna Vázquez, vicepresidenta da CEP.
A Rede de Empresas pola Igualdade ten como obxecto a convocatoria de axudas para a aplicación de medidas efectivas a favor da Igualdade de oportunidades en empresas do territorio da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. As activ...(Continúa)
|
|
| |
| |
| O Proxecto Equal Conta con Elas dedica 54.000 euros para a promoción do medioambiente nas empresas |
A concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Lucía Molares, e o director do Instituto de Desenvolvemento Caixanova, Carlos Palleiro, presentaron as bolsas Reafirma Medioambiente do Proxecto Equal Conta con Elas. O orzamento da acción é de 54.000 euros.
Esta acción do Proxecto está executada pola Fundación Caixanova, entidade asociada do Proxecto Conta con Elas.
As bolsas Reafirma Medioambiente teñen como obxecto a convocatoria e concesión de 18 bolsas para facilitar a mulleres beneficiarias do Proxecto, seleccionadas para participar nesta acción, a posibilidade da iniciación profesional relacionada coa posta en marcha ou des...(Continúa)
|
|
| |
| |
|
|