# NÚMERO 2  |  SEPTIEMBRE 2006  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>Conta con Elas en Navalia

>A muller no sector da construcción

>Vinte persoas formáronse gratuitamente en temas de igualdade

 
Conta con Elas en Navalia

O Proxecto Conta con Elas estivo presente na feira sectorial Navalia que se realizou do 23 ao 25 de maio no recinto do Ifevi de Vigo.

O Proxecto contou coa presenza do Bus da Igualdade que estivo situado no aparcamento de entrada á Feira co fin de que visualmente se identificara o proxecto.

Dentro do recinto, Conta con Elas tivo un stand de 12 metros cadrados no que se deu información sobre o proxecto e máis especificamente sobre as accións destinadas ás empresas.

O día 24 de maio e dentro das actividades da Feira sectorial Navalia na Sala do Expositor tivo lugar a Mesa "Conta con Elas na empresa" na que o persoal de Conta con Ela...(Continúa)
 
 
A muller no sector da construcción

Na Sala Rosalía de Castro do Ifevi tivo lugar a Mesa redonda "Conta con Elas na empresa" na que tres mulleres que traballan no sector da construción contaron a súa experiencia: Gloria Pascual Casal, empresaria e escaiolista da empresa “Máis Maña”; Belén Pampín Camino, xefa de obra da empresa COVSA, e Rosa González Pérez, empresaria pioneira no sector do gas da Empresa J. Ramos y Cía. Ademais, o persoal de Conta con Elas explicou ás empresas interesadas as accións nas que poden participar.

O Proxecto Conta con Elas estivo presente na feira sectorial da Construción SICO que se realizou do 21 ao 25 de xuño no recinto do Ifevi de Vigo.

O ...(Continúa)
 
 
Vinte persoas formáronse gratuitamente en temas de igualdade

O Proxecto Conta con Elas ofreceu 20 prazas gratuítas para o módulo “Economía e xénero” de 60 horas de duración que forma parte do “Master en Xénero, Educación, políticas de igualdade e liderazgo” que organiza a Universidade de Vigo.

As persoas destinatarias da formación foron o persoal de recursos humanos e mandos intermedios de empresas, o persoal técnico en inserción laboral ou que traballe con colectivos de mulleres e persoal que traballe no ámbito da igualdade de oportunidades. Tamén poideron optar ás prazas gratuítas persoas que traballaran nos últimos dous anos en calquera dos ámbitos anteriormente mencionados e estiveran nese momen...(Continúa)