# NÚMERO 7  |  OCTUBRE 2006  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>Realidade socioeconómica do concello do Porriño

>O Proxecto Conta con Elas no Porriño

>Entrevista a Lucía Magallanes Olmigos

 
Realidade socioeconómica do concello do Porriño

No período que vai entre 1996 e o 2001, o concello do Porriño experimentou un crecemento nas súas taxas de actividade e ocupación debido ao aumento producido nas cifras de poboación, que se traduciu nun aumento da poboación maior de 16 anos, pero sobre todo nun aumento da poboación ocupada. Isto fixo que as taxas do concello se consolidasen por riba das taxas da Area Metropolitana de Vigo, Pontevedra e Galicia.
A taxa de actividade do concello do Porriño situouse no 2001 no 55,71%, o que supuxo un avance con respecto ao valor do 1996 de 4,29 puntos porcentuais.
Unha das causas desta alza na taxa de actividade hai que buscala na subida expe...(Continúa)
 
 
O Proxecto Conta con Elas no Porriño

O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades no Porriño coa presentación do proxecto o día 16 de outubro na sala de Exposicións do Museo dos Minerais coa asistencia do alcalde, Raúl Francés Rodríguez, a concelleira de Asuntos Sociais, Josefa Sío, a concelleira de Emprego, Obdulia Diniz, a deputada provincial Nidia Arévalo e representantes do Proxecto Conta con Elas. No mesmo acto, presentáronse os servizos de emprego do Concello.

O Bus da Igualdade permaneceu no concello do 16 ao 23 de outubro con actividades paralelas nos mesmos días. O martes 17 realizouse no Multiusos de Torneiros un obradoiro para que home...(Continúa)
 
 
Entrevista a Lucía Magallanes Olmigos

Lucía Magallanes Olmigos participou na mesa de visibilización de mulleres en profesións masculinizadas que tivo lugar en O Porriño o 18 de outubro dentro das actividades que o Proxecto Conta con Elas fixo co gallo do Mes da Igualdade.
Lucía traballa como tubeira no sector do metal, na empresa Gándara Censa, na que entrou tras facer un curso no INEM. Empezou facendo prácticas e agora xa forma parte do cadro de persoal.


Cal é a túa experiencia laboral?
O meu primeiro traballo foi como auxiliar administrativa, cando tiña 18 años. Alí estiven a traballar durante un ano. Despois traballei durante varios anos en hostelería, outr...(Continúa)