|
 |
 |
# NÚMERO 9 | DICIEMBRE 2006 | EDICIÓN WEB
|
Contenido:
|
|
| Realidade socioeconómica do concello de Vigo |
O concello de Vigo, con 290.000 habitantes é a cidade mais poblada de Galicia, cidade portuaria de tradición industrial que ten unha dimensión media e cunha área funcional onde residen uns 445.000 habitantes, o que a convirte na mais poblada de Galicia.
O tecido industrial denso xurde ao redor da súa especialización nas industrias pesqueira e conserveira. Tradicionalmente ten sido unha cidade emprendedora, que nas últimas décadas desenvolveu actividades de carácter maduro como a construcción naval, a alimentación, a industria química, a confección o a industria do automóvil. Aunque os servizos non desenvolveron todo o seu potencial (o que ...(Continúa)
|
|
| |
| |
| O Proxecto Conta con Elas en Vigo |
O luns 20 de novembro comezou en Vigo o Mes da Igualdade coa presenza do Bus da Igualdade na rúa do Príncipe de Vigo. Ao acto asistiron Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Nidia Arévalo, deputada provincial, e representantes da Mancomunidade de Vigo.
O Bus da Igualdade é unha iniciativa do proxecto Equal Conta con Elas da Agrupación de Desenvolvemento Área Metropolitana de Vigo.
O bus permaneceu do día 20 de novembro ao 5 de decembro con horario de 10:30 a 13:30 e 17:00 a 20:00 nas rúas de Vigo, dirixíndose especialmente ás zonas con poboación en idade escolar, polo que se estacionou preto dos institutos....(Continúa)
|
|
| |
| |
| Desde Holanda e Italia visitan o Bus |
O Proxecto SePyA (Sector Pesquero y Adaptabilidad) da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, aproveitou a presenza do Bus da Igualdade en Vigo para visitalo en compañía do persoal das súas entidades socias transnacionais, que son proxectos de Holanda e Italia. O persoal técnico dos tres proxectos e o persoal de Conta con Elas fixeron unha xornada de traballo conxunto para intercambiar experiencias.
As persoas dos tres proxectos interesáronse polos obxectivos do Proxecto Conta con Elas e polo modo de enfocar as diversas tarefas de sensibilización en torno a igualdade de oportunidades.
En concreto, xurdiron moitas preguntas so...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Entrevista a Lucía Molares |
Lucía Molares é a concelleira delegada para a Mancomunidade de Vigo e, polo tanto, o cargo político mais directamente vencellado ao Proxecto Conta con Elas.
Que é o Proxecto Conta con Elas? Dende o seu punto de vista, en que pode beneficiar ao territorio da Mancomunidade de Vigo?
Conta con Elas é un proxecto enmarcado dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixi...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Entrevista a Nidia Arévalo |
Nidia Arévalo é deputada provincial e presidenta da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller da Deputación de Pontevedra.
Que é o Proxecto Conta con Elas? Dende o seu punto de vista, en que pode beneficiar ao territorio da Mancomunidade de Vigo?
O proxecto Conta con Elas supón a inversión de preto de tres millóns de euros no fomento e sensibilización da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, pero ademais supon a posibilidade de que distintas admisnitracións e institucións estemos a traballar conxuntamente na execución das actividades do proxecto e no cumplimento duns obxetivos fixados incialmente, polo que os logros co...(Continúa)
|
|
| |
| |
| O equipo do Proxecto |
O equipo do Proxecto Conta con Elas está formado por quince persoas ademáis do persoal técnico das entidades da Agrupación de Desenvolvemento.
A sede do Proxecto en Vigo está na Rúa Elduayen, no edificio coñecido como Asefal, nos sotos 2 e 3. Esa é a sé central do proxecto e onde traballa a maior parte do persoal.
Nestas oficinas está a dirección, coordinación, persoal administrativo e parte do equipo técnico do Proxecto. Dúas técnicas en igualdade de oportunidades e inserción laboral están nos centros antena de O Porriño e Redondela.
O Proxecto Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a ...(Continúa)
|
|
| |
| |
|
|