# NÚMERO 8  |  NOVIEMBRE 2006  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>Realidade socioeconómica do concello de Nigrán

>O Proxecto Conta con Elas en Nigrán

>Ana Rial, concelleira de Muller

>Mulleres que nos fan iguais

 
Realidade socioeconómica do concello de Nigrán

Nigrán presenta unha superficie de 34,8 km2 ao longo da que se reparten un total de sete parroquias, polas que se distribúen un total de cento corenta e cinco entidades menores de poboamento, nas que residen 17.281 habitantes de feito, o que dá unha densidade de 496,58 hab./km2.

As boas condicións climáticas, xunto coa existencia de boas infraestruturas viarias coa autoestrada AG-57, e as autonómicas PO-552 e PO-332, a oferta de lecer, e a proximidade á cidade de Vigo e á vila de Baiona, inflúe de maneira positiva na taxa de actividade e no nivel de vida local, que levou a que numerosa xente demandase solo residencial neste concello, proce...(Continúa)
 
 
O Proxecto Conta con Elas en Nigrán

O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Nigrán coa presentación do proxecto o día 7 de novembro ás 11:30 de mañá na Casa do Concello coa asistencia do alcalde, Alfredo Rodríguez, a concelleira de Muller, Ana Rial, e representantes da Deputación Provincial.

O Bus da Igualdade permaneceu no concello do 6 ao 10 de novembro con actividades paralelas neses días. O martes 7 realizouse no Centro Antena Municipal de Panxón un obradoiro para que homes e mulleres aprendan a aproximarse á igualdade dende as súas circunstancias reais. Houbo tamén unha mesa redonda o mércores 8 de outubro no salón de plenos do Conce...(Continúa)
 
 
Ana Rial, concelleira de Muller

Ana Rial é concelleira de Muller de Nigrán. Con motivo do mes da igualdade nese concello, fixo para Conta con Elas unha reflexión sobre a situación da muller no seu territorio.


Cales son as medidas máis destacables en Nigrán no tema de igualdade?
No ano 2005 elaborouse o primeiro plan de igualdade de oportunidades do Concello de Nigrán. O CIM púxose en funcionamento en setembro do ano 2004 e converteuse no departamento encargado da execución da política de acción a prol da igualdade. As actividades levadas a cabo desde ese momento tiveron como obxectivo a execución do plan, que se articula nas seguintes áreas de actuació...(Continúa)
 
 
Mulleres que nos fan iguais

O 8 de outubro celebrouse no salón de plenos da Casa do Concello de Nigrán unha mesa redonda onde mulleres que están a traballar en profesións masculinizadas explicaron a súa experiencia.

As catro mulleres que interviron foron Laura Berardi, empresaria, Carmen Rouco, mariñeira, Rosa Pereira, coordinadora do Grumir, e Josefina Durán, traballadora do servizo de obras do concello.
Laura Berardi contou a súa experiencia como creadora da empresa Florcity.com, situada en Patos (Panxón), unha empresa innovadora pola súa xestión on line e única na zona. É nai dun neno.
Carmen Rouco tripula e xestiona un barco de baixura de carácter familiar. A ...(Continúa)