|
 |
 |
# NÚMERO 6 | OCTUBRE 2006 | EDICIÓN WEB
|
Contenido:
|
|
| A realidade socioeconómica de Gondomar |
No período que vai entre 1996 e o ano 2001, o concello de Gondomar experimentou un crecemento nas súas taxas de actividade e ocupación debido ao aumento producido nas cifras de poboación, que se traduciu nun aumento da poboación maior de 16 anos, pero sobre todo nun aumento da poboación ocupada. Isto fixo que as taxas do concello se consolidasen por riba das taxas da Area Metropolitana de Vigo, Pontevedra e Galicia.
Mentres que para as mulleres o número de inactivas e maior có de activas, para os homes pasa exactamente o contrario. Tamén se observa como a distribución da poboación inactiva nas diferentes categorías é distinta, tendo un pes...(Continúa)
|
|
| |
| |
| O Proxecto Conta con Elas en Gondomar |
O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Gondomar coa presentación do proxecto o día 4 de outubro ás 12 de mañá na Casa da Cultura coa asistencia do alcalde, José Carlos Silva Mariño, a concelleira de Muller, María Luísa López Castro, e representantes do Proxecto Conta con Elas.
O Bus da Igualdade permaneceu no concello do 4 ao 11 de outubro, e as actividades paralelas desenvolvéronse neses mesmos días. Durante esas datas realizouse na Casa da Cultura unha exposición titulada “Imaxina e comparte máis”. Tamén houbo unha mesa redonda o mércores 11 de outubro onde mulleres con traballos en profesións mascu...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Imos á publicidade |
Marta Moro é psicóloga e orientadora do IES Auga da Laxe de Gondomar. O ano pasado fixo un traballo ao redor da publicidade e os valores e contravalores que transmite á sociedade. Trátase dun traballo realizado durante unha licenza de estudos concedida pola Consellería de Educación durante o curso 2005-06.
Cales son as principais conclusións do teu traballo?
Os medios de comunicación, en concreto a publicidade, transmiten aínda en grande medida, un modelo de muller moi tradicional. Non é fácil darse conta da cantidade de contravalores (valores negativos como o a discriminación da muller, o modelo de delgadeza excesiva, a v...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Mª Luisa López Castro, concelleira de Muller |
Mª Luisa López Castro é a concelleira de Muller do concello de Gondomar. Con ela quixemos falar para saber como se está a tratar a consecución da igualdade entre homes e mulleres no seu concello.
Cales son as medidas máis salientables en Gondomar no tema da igualdade?
Desde que se implantou o I Plan de Igualdade desenvólvense campañas de sensibilizacion, itinerarios formativos personalizados, implantación de políticas de igualdade dentro dos cursos, publicación do boletín (BCM), aparte dos actos lúdicos festivos como pode ser o 8 marzo e 25 novembro, entre outros.
Como ve a situación laboral da muller no seu concello?<...(Continúa)
|
|
| |
| |
|
|