|
 |
 |
# NÚMERO 5 | SEPTIEMBRE 2006 | EDICIÓN WEB
|
Contenido:
|
|
| Realidade socioeconómica do concello de Soutomaior |
O concello de Soutomaior ten unha superficie de 25 km2 ao longo da que se reparten dúas parroquias cun total de dezaseis entidades menores de poboamento, nas que residen 5.781 habitantes de feito, o que dá unha densidade de 231,24 hab./km2.
As taxas de actividade e ocupación do concello estiveron medrando durante o período 1996-2001, o que fixo que os seus niveis se mantivesen nos da media da Area Metropolitana de Vigo, Pontevedra e Galicia. O aumento foi posible grazas ao importante incremento que experimentou a poboación ocupada do concello, que durante o período foi do 17,5%. Un factor que inflúe sobre o valor das taxas de actividade e...(Continúa)
|
|
| |
| |
| O Proxecto Conta con Elas en Soutomaior |
O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Soutomaior coa presentación do proxecto o día 25 de setembro ás 12 de mañá no Concello coa asistencia do alcalde, Agustín Reguera Ocampo, os concelleiros Bernardo Abal e Francisco Iglesias, a concelleira da Muller, Cristina González, representantes do Proxecto Conta con Elas, e a deputada provincial Nidia Arévalo.
O Bus da Igualdade permaneceu no concello do 25 ó 29 de setembro, e as actividades paralelas desenvolvéronse desde o venres 22 de setembro ata o martes 3 de outubro. Durante eses días tiveron lugar obradoiros da igualdade, tanto para persoas adultas coma...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Soutomaior, un concello pola igualdade |
O concello de Soutomaior conta cun Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para o período 2005-2006. É o primeiro plan de igualdade que se fai nese concello.
A concellería de Muller, liderada por Cristina González, foi a encargada da elaboración dese plan. Nel, as actividades organízanse nas áreas de educación, de saúde, de violencia de xénero, economía, formación e emprego; lecer e tempo libre e conciliación da vida laboral e persoal.
No campo da educación, destaca a creación dunha sección de temática da muller na Biblioteca Municipal de Arcade e o mantemento e actualización continua dunha sección de información da ár...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Imaxina e comparte máis |
Como parte do labor de sensibilización do Proxecto Conta con Elas, xunto coas actividades do Bus da Igualdade e con persoas, estase a desenvolver dentro do Mes da Igualdade en cada concello unha exposición que se chama “Imaxina e comparte mais”.
A exposición pretende ser un espello que reflicta e reflexione sobre a situación das mulleres e foi presentada por primeira vez no concello de Soutomaior e dende esas datas foi incorporada ás actividades habituais do mes da Igualdade en cada concello.
A exposición trata de amosar, mediante ilustracións e textos, moitas da situacións de desigualdade que se dan tanto no eido persoal e familiar co...(Continúa)
|
|
| |
| |
|
|