# NÚMERO 4  |  JUNIO 2006  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>O sector da construción na área de Vigo

>O Proxecto Conta con Elas en Sico

>Conta con Elas e as empresas

>Experiencia de mulleres no sector da construción

 
O sector da construción na área de Vigo

O sector da construción na provincia de Pontevedra xerou 3.000 millóns de euros de volume de negocio durante o ano 2005. Dous dos concellos da área intermunicipal, Vigo e O Porriño, foron dos que rexistraron maior número de visados de vivendas.

A obra pública tivo nese mesmo ano un volume de negocio de 443,68 millóns de euros.
Máis de 43.000 persoas traballaban no sector da construción no ano 2005 na provincia de Pontevedra, das que só un 3 ou 4 por cento eran mulleres. Ademais, esas mulleres que traballan na construción ocupan postos administrativos ou vinculados aos departamentos de recursos humanos ou calidade. Tamén se produce unha si...(Continúa)
 
 
O Proxecto Conta con Elas en Sico

O Proxecto Conta con Elas estivo presente na feira sectorial da Construción SICO que se realizou do 21 ao 25 de xuño no recinto do Ifevi de Vigo.

Preto de 300 expositores directos e 1.200 firmas tomaron parte en SICO, a Feira da Construción de Galicia que foi inaugurada pola alcaldesa da cidade, Corina Porro Martínez, e pola conselleira de Vivenda, Teresa Táboas Veleiro.

O Proxecto contou coa presenza do Bus da Igualdade que estivo situado no aparcamento de entrada á Feira co fin de que visualmente se identifique o proxecto.

Dentro do recinto, Conta con Elas tivo un stand de 24 metros cadrados no que se deu información sobre o pro...(Continúa)
 
 
Conta con Elas e as empresas

Na Feira Sico fíxose unha presentación dalgunhas axudas que o Proxecto Conta con Elas ten previstas para as empresas. Estas accións son executadas pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) como entidade asociada ao proxecto.

Silvia Agrasar, representante da CEP na mesa, fixo un repaso das iniciativas ás que se poden acoller aquelas empresas interesadas en implantar unha maior igualdade nos seus cadros de persoal.

En concreto, falou das axudas para adaptación das instalacións mediante a construción de vestiarios para mulleres ou baños.
Estas axudas están dentro da acción Rede de Empresas pola Igualdade. Así mesmo falouse d...(Continúa)
 
 
Experiencia de mulleres no sector da construción

O día 22 de xuño tivo lugar na Sala Rosalía de Castro do Ifevi tivo lugar a Mesa redonda "Conta con Elas na empresa" na que tres mulleres que traballan no sector da construción contaron a súa experiencia: Gloria Pascual Casal, empresaria e escaiolista da empresa Máis Maña; Belén Pampín Camino, xefa de obra da empresa COVSA, e Rosa González Pérez, empresaria pioneira no sector do gas da Empresa J. Ramos y Cía.

Na mesa, as participantes achegaron anécdotas e valoracións do que é a situación da muller á hora de traballar nun sector tan masculinizado como é o de a construción.

En primeiro lugar destacaron que se produce unha reacción de s...(Continúa)