# NÚMERO 2  |  JUNIO 2006  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>Realidade socioeconómica do concello de Baiona

>O Proxecto Conta con Elas en Baiona

>Homes e mulleres no mesmo espazo

>Elena Otero, directora do CIM de Baiona

 
Realidade socioeconómica do concello de Baiona

O concello de Baiona sitúase no extremo suroccidental da Área Metropolitana de Vigo. Presenta unha superficie de 34,5 km2 ao longo da que se reparten un total de seis parroquias, polas que se distribúen un total de corenta e seis entidades menores de poboación, nas que residen 11.521 habitantes de feito, o que dá unha densidade de 333,94 hab./km2.
O concello de Baiona experimentou un crecemento nas súas taxas de actividade e ocupación debido ao aumento da poboación maior de 16 anos e ao descenso do número de persoas inactivas. Isto fixo que as taxas do concello se situasen por riba das taxas da Área Metropolitana de Vigo, de Pontevedra e de ...(Continúa)
 
 
O Proxecto Conta con Elas en Baiona

O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Baiona coa presentación do proxecto o día 5 de xuño ás 10:30 de mañá no ámbito da feira de Sabarís (Rúa Pereira Troncoso), coa asistencia do alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, o concelleiro de Igualdade e Xénero,
Adolfo González Pino, e a deputada provincial Nidia Arévalo.
O Mes da Igualdade está dirixido á poboación de Baiona a través de actos en locais do concello e tamén por medio do Bus da Igualdade, achegándose aos veciños e ás veciñas alí onde discorre o seu día a día.
O luns 5 de xuño realizouse un cine-forum ao redor da película “Quero ser como Beckham” no Co...(Continúa)
 
 
Homes e mulleres no mesmo espazo

Unha das actividades que se realizan no mes da igualdade en cada concello son os obradoiros da igualdade. A finalidade deles é traballar cos homes e mulleres do contorno as situacións cotidiás nas que existen desigualdade entre homes e mullleres, primeiro para sabelas detectar e logo para darlles solucións axeitadas ás circunstancias de cada quen.

Laura Estévez é a técnica en Igualdade de Oportunidades do Proxecto Conta con Elas e a encargada de dirixir estes obradoiros.

Cal é o obxectivo e a metodoloxía dos obradoiros de igualdade?

Pretende analizar e reflexionar sobre o reparto de responsabilidades entre homes e mulle...(Continúa)
 
 
Elena Otero, directora do CIM de Baiona

Elena Otero é a directora do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Baiona. O Centro que dirixe oferta dende fai anos unha serie de servizos á poboación de Baiona: asesoría xurídica, asistencia psicolóxica, asesoramento laboral e teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, entre outros. No marco do Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas de Baiona inaugurouse un novo servicio: Kanguras.

Hai unhas semanas que inaugurastes o servizo Kanguras do CIM, en que consiste?


É un servizo gratuíto de atención domiciliaria á infancia que puxo en funcionamento o
Concello de Baiona, en colaboración coa Deputación...(Continúa)