# NÚMERO 3  |  JUNIO 2006  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>Realidade socioeconómica do concello de Redondela

>O Proxecto Conta con Elas en Redondela

>Científicas ocultas nos libros de texto

>Mónica Carreira, concelleira de Muller de Redondela

 
Realidade socioeconómica do concello de Redondela

O concello de Redondela ten unha superficie de 52,1 km2 ao longo da que se reparten un total de trece parroquias polas que se distribúen un total de corenta e cinco entidades menores de poboamento, nas que residen 29.732 habitantes de feito, o que da unha densidade de 570,67 hab./km2.
A taxa de actividade do concello de Redondela situouse no 2001 no 56,47%, o que supuxo un avance con respecto ao valor do 1996 de 4,93 puntos porcentuais. Isto fixo que se mantivesen as diferenzas con respecto aos valores da área metropolitana de Vigo (AMV), da provincia de Pontevedra e de Galicia que para o ano 2001 presentaban uns valores do 54,38%, do 52,69%...(Continúa)
 
 
O Proxecto Conta con Elas en Redondela

O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Redondela coa presentación do proxecto no Obradoiro de Emprego Pousadouro dese concello o día 16 de maio.
O Mes da Igualdade, dirixido á poboación en xeral de Redondela, ten como acción mais visible o Bus, que se achega aos veciños e ás veciñas alí onde discorre o seu día a día. Da visibilidade ás mulleres que xa están a traballar en sectores tradicionalmente masculinos e proporciona formación á comunidade educativa para que se termine coa segregación laboral da muller.
Tamén se levaron a cabo actividades nos centros educativos. Os días 29, 30 e 31 de maio realizou...(Continúa)
 
 
Científicas ocultas nos libros de texto

Traballo realizado por Mª Jesús Leis Blanco
Profesora do IES Pedro Floriani (Redondela)


A cuestión proposta é a seguinte: Como aparece reflectido nos libros de texto que utiliza o alumnado a contribución da muller á ciencia?
Este feito resulta moi importante porque é a imaxe que reciben os alumnos e as alumnas da realidade científica e constitúe o seu principal material de traballo fora do centro.
Os libros analizados son libros de texto da materia de bioloxía e xeoloxía dos niveis, 2º ciclo de secundaria e 1º e 2º de bacharelato.
Analízanse personalidades destacadas, considerando como tales as visibles, aquelas que aparecen...(Continúa)
 
 
Mónica Carreira, concelleira de Muller de Redondela

Mónica Carreira é a concelleira de Muller de Redondela. A súa presenza na política é recente. Comenzou no ano 2003 como Concelleira de Sanidade trala dimisión de dúas Concelleiras. Posteriormente asignáronlle á Concellaría da Muller. É diplomada en Relacións Laborais. Iso, según ela “fai que estea sensibilizada no campo laboral con conseguir que elas teñan unha autonomía económica que lles permita saír de situacións de dependencia emocional e económica, así como intentar darlles información para que coñezan os seus dereitos e fagan frente a situacións de discriminación. Así, desde o principio busquei a colaboración da Concellaría de Empreg...(Continúa)