|
 |
 |
# NÚMERO 10 | ENERO 2007 | EDICIÓN WEB
|
Contenido:
|
|
| A entidade local menor de Bembrive |
Bembrive, formada pola parroquia de Santiago de Bembrive, intégrase no Antigo Réxime na xurisdicción de Bouzas, con señorío do Bispado de Tui. Posteriormente no ano 1836, coa creación definitiva dos concellos constitucionais, será incluída no concello de Lavadores, a pesar de algún intento baldío para a súa integración no de Vigo. Esta definitiva adscrición ó concello constitucional de Vigo prodúcese no ano 1936, xunto coa totalidade das parroquias que formaban o concello de Lavadores.
Ten unha superficie total de 935 hectáreas nas que residen 4.766 habitantes, distribuídos nos lugares de Baruxáns, O Cacheno, O Carballal, O Cruceiro, A Cruz,...(Continúa)
|
|
| |
| |
| O Proxecto Conta con Elas en Bembrive |
O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Bembrive o 15 de xaneiro coa apertura de Exposición “Imaxina e comparte máis” no Centro cultural Helios que estivo ata o 19 dese mes.
O Bus da Igualdade permaneceu en Bembrive o mércores 17 de xaneiro no IES Ricardo Mella e o venres 19 de xaneiro no IES Carlos Casares.
Durante eses días celebráronse no centro cultural Helios o obradoiro “Aproxímate á igualdade, homes e mulleres nun mesmo espazo” e o cinefórum sobre a película “Quero ser como Beckham”. O obradoiro “Cambiando os guións, eu tamén quero ser” e a mesa de visibilización “Experiencias de mulleres...” ...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Conchi Martínez, presidenta do Centro Cultural Helios |
Cales son as actividades do centro Cultural Helios?
O centro cultural Helios organiza todo tipo de actividades relacionadas coa cultura e o deporte en xeral. Así temos banda de gaitas, grupo de baile rexional, grupo de acordeóns, de baile moderno, de pandereteiras, grupo folk e coral polifónica. Así mesmo temos cursos de formación de gaita, informática, inglés.
Que actividades hai no centro Cultural Helios dedicadas a promover á igualdade entre homes e mulleres?
Non hai ningunha actividade específica, o que si coidamos e que en todas as nosas actividades poidan participar á vez homes e mulleres
Cales pensa que poden ser a...(Continúa)
|
|
| |
| |
| Mariló Camiña, profesora do IES Ricardo Mella |
Mariló Camiña é a xefa do seminario de Lingua e Literatura Española do IES Ricardo Mella. Dende hai anos teñen no Instituto habitualmente actividades nas que procuran a diversificación profesional do alumnado, eliminando estereotipos de xénero, e dar a coñecer o papel da muller e as súas contribucións á humanidade.
Como tedes enfocada a igualdade de oportunidades no IES Ricardo Mella?
Tendo en conta que este é un instituto con ciclos de sanitaria e administrativo (moi feminizados) e con ciclos de electrónica (moi masculinizado), tratamos de equilibrar este desaxuste facendo ver ao noso alumnado que esa división de roles prof...(Continúa)
|
|
| |
| |
|
|