# NÚMERO 1  |  MAYO 2006  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>O sector naval na área de Vigo

>O Proxecto Conta con Elas en Navalia

>Conchi, unha muller do naval

>Mesa redonda: mulleres no sector da construción naval

 
O sector naval na área de Vigo

A historia da industria de construcción naval en Galicia é longa. De feito, prodúcese unha identificación
entre o traballo neste sector e Galicia, máis concretamente de áreas como as de Vigo e O Ferrol. A
progresiva internacionalización da economía mundial, unida ás prioridades da Unión Europea, estableceu novas necesidades neste sector desde unha perspectiva técnica e de xestión. No caso de Galicia fixo necesario un maior desenvolvemento do contexto estratéxico, tecnolóxico e de organización da industria de construción naval, que representa un papel emblemático e transcendental dentro da súa economía.
Dentro de España, a comunidade galega...(Continúa)
 
 
O Proxecto Conta con Elas en Navalia

O Proxecto Conta con Elas estivo presente na feira sectorial Navalia que se realizou do 23 ao 25 de maio no recinto do Ifevi de Vigo.

O Proxecto contou coa presenza do Bus da Igualdade que estivo situado no aparcamento de entrada á Feira co fin de que visualmente se identificara o proxecto.

Dentro do recinto, Conta con Elas tivo un stand de 12 metros cadrados no que se deu información sobre o proxecto e máis especificamente sobre as accións destinadas ás empresas.

O mércores 24 de maio na Sala do Expositor tivo lugar a Mesa "Conta con Elas na empresa" na que o persoal de Conta con Elas explicou ás empresas interesadas as accións nas ...(Continúa)
 
 
Conchi, unha muller do naval

Conchi leva 8 anos traballando no sector naval no asteleiro Hijos de J. Barreras. Primeiro como soldadora, logo como tubeira e agora como montadora. O día 24 de maio e dentro das actividades da Feira sectorial Navalia participou na Mesa redonda “As mulleres no sector naval”. Alí explicou a súa experiencia neste sector tan tradicionalmente masculino.
• Como decidiches traballar na produción no sector naval?
Naquel momento encontrábame nunha situación de paro e o meu pai traballaba nesta empresa do sector
naval. El me dixo que había unhas probas para entrar no cadro de persoal e presenteime.
• Tras estes anos traballando, pensas q...(Continúa)
 
 
Mesa redonda: mulleres no sector da construción naval

O día 24 de maio e dentro das actividades da Feira sectorial Navalia na Sala do Expositor tivo lugar a
Mesa "Conta con Elas na empresa" na que o persoal de Conta con Elas explicou ás empresas interesadas
as accións nas que poden participar.
Na mesma mesa tivo lugar un encontro con dúas mulleres que traballan no sector naval, en concreto,
nos asteleiros Hijos de J Barreras: Beatriz Rodríguez, encargada de Recursos Humanos, e Concepción
Pérez, montadora do mesmo asteleiro.
Beatriz Rodríguez refiriuse, na súa exposición, aos datos da participación da muller neste sector, claramente minoritaria con respecto ao home. Concepción Pérez suliñou...(Continúa)