Conta Con Elas
<language>es</language>
<generator>Conta Con Elas</generator>
Xornada final Transferencia de produtos, experiencias e resultados
	<description><![CDATA[O proxecto Conta con Elas clausura a súa actividade e presenta os produtos e resultados, despois de dous anos desenvolvendo accións na área de Vigo.
Nunha primeira mesa, Elena Rodríguez de CC.OO, Xerardo Abraldes da CIG e Olga Alonso de UGT, presentarán a Guía “Mainstreaming institucional e de xénero nos concellos da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo”, así como os resultados e logros acadados no marco de Conta con Elas.
Despois intervirán Ramón Búa da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Nidia Arévalo da Deputación de Pontevedra, Carlos Palleiro da Fundación Caixanova e Luz Varela e Coral del Río pola Universidade de Vigo, presentando as conclusións, produtos e resultados das súas entidades. 
Nunha última parte da xornada, persoal técnico do Proxecto e representantes da Mancomunidade darán a coñecer os produtos máis significativos do Proxecto, presentando ademais un DVD recompilatorio de toda a actividade e no que se recollen as 26 publicacións desenvoltas por Conta con Elas.
Con esta xornada clausúrase o Proxecto Conta con Elas. A partir do 1 de xaneiro do ano 2008 toda a información que se presenta nesta xornada, así coma toda a información do proxecto, poderase consultar na súa páxina web: www.contaconelas.org, ou acudindo á web da entidade promotora do Proxecto(Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo): www.maiv.org
Vídeo Conta con Elas
Xornadas "Muller e Medioambiente: Perspectivas en Clave de Sostenibilidade
	<description><![CDATA[O Proxecto Conta con Elas financiado polo Fondo Social Europeo a través da iniciativa comunitaria Equal (2005-2007) vén realizando un labor de sensibilización empresarial e laboral co obxectivo de diminuír a segregación laboral das mulleres na Mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo. O Proxecto, impulsa e favorece o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo. Ademais e como valor engadido, o Proxecto Conta con Elas contempla o desenvolvemento transversal de accións con marcado contido ambiental. 
A Fundación Caixanova, como entidade socia do Proxecto Conta con Elas da A.D. “Área Metropolitana de Vigo”, desenvolveu unha acción chamada "Reafirma-Medioambiente" que consistiu na concesión de 18 bolsas para facilitar a mulleres a posibilidade de iniciación profesional relacionada coa posta en marcha ou desenvolvemento dun proxecto de carácter ambiental nunha empresa ou institución situada no territorio da Mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo.
Nesta liña, a Fundación Caixanova organiza agora esta Xornada de sensibilización, en colaboración con Emaús Fundación Social, que pretende resaltar a achega das mulleres ao medioambiente dende diferentes esferas e ámbitos de actuación, analizando, en definitiva, diferentes perspectivas en clave de sostenibilidade.
O acto está dirixido a todas as entidades, representantes de empresas e beneficiarias do Proxecto Conta con Elas así como a todas aquelas persoas con perfil técnico ou responsabilidade política e pública que desenvolven a súa actividade profesional no ámbito do medioambiente, os servizos sociais e o fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Data e Lugar:
13 de Diciembre de 2007
Auditorio do Centro Social Caixanova
R/ Policarpo Sanz nº 26. Vigo
Pontevedra]]></description>
Presentación do portal Emprégate
	<description><![CDATA[O presidente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Abel Caballero, presentou o martes 4 de decembro o portal Emprégate.
Emprégate nace como un portal de emprego feminino, nunha primeira fase para as usuarias do Proxecto Conta con Elas e neste período por extensión a todas as mulleres da área metropolitana de Vigo. Como os demais portais de emprego, ten a posibilidade de que as persoas en busca de emprego introduzan o seu currículo e que as empresas publiquen ofertas. A dirección na rede é www.empregate.org
O Portal ten seccións dedicadas aos seguintes perfís: candidatas, mulleres en busca de emprego ou mellora laboral; emprendedoras, mulleres con perfil emprendedor, e empresas, ás que permite a publicación de ofertas de traballo e a posibilidade de buscar persoal.
A especificidade do portal, ademais do ámbito xeográfico, é que está exclusivamente dirixido ás mulleres como solicitantes de emprego, ben sexa como contratadas ou emprendedoras.
As diferentes seccións son, entre outras, subvencións, oferta pública de emprego, artigos de interese cara á busca de emprego, lexislación e información sobre igualdade.
XORNADAS “Metodoloxías e Produtos para aplicar a trasversalidade de xénero no ensino”
	<description><![CDATA[A finalidade desta Xornada é a de transferir as boas prácticas e produtos creados por CONTA CON ELAS, co obxectivo de sensibilizar e aplicar transversalmente a igualdade de xénero no ámbito educativo.
Inscripcións ata o 27 de novembro: xornadas@contaconelas.org
Data : 29 de Novembro de 2007.
Lugar: MARCO (Museo de Arte contemporáneo) R/ Príncipe, nº 54. Vigo
Esta xornada enmárcase na Acción 3 do Proxecto Conta con elas
Tf.: 986.44.24.99 www.contaconelas.org]]></description>
Inicio do obradoiro ”Aplicación das políticas de Igualdade de Xénero no Ámbito Local” 
	<description><![CDATA[O Proxecto Conta con Elas imparte o día 22 de novembro o obradoiro  ”Aplicación das políticas de Igualdade de Xénero no Ámbito Local” a 31 persoas, 19 delas da política e 12 da administración local do Val Miñor. O acto será presentado pola xerenta da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Érika Jaraiz Gulías.
O obxectivo do obradoiro, que terá lugar no hotel Baía de Baiona, é reforzar o coñecemento sobre as políticas de igualdade, tanto na Unión Europea como en España, presentando exemplos e boas prácticas desenvolvidas desde o eido local, cunha metodoloxía práctica e de utilidade para as persoas que participan. É o terceiro obradoiro de igualdade dirixido a persoal político e administrativo, os dous anteriores tiveron lugar en Vigo e no Porriño.
O Proxecto Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.
Xornadas “Negociación colectiva e Igualdade”
	<description><![CDATA[O día 3 de outubro ás 16 horas o presidente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Abel Caballero, inaugurará as xornadas “Negociación colectiva e Igualdade”, organizadas pola Universidade de Vigo, dentro do Proxecto Conta con Elas.
As Xornadas “Negociación Colectiva e Igualdade” proporcionarán a oportunidade de reflexionar e debater as máis recentes modificacións lexislativas nesta materia, desde a perspectiva de todos os suxeitos da negociación colectiva, entendida como un dos máis eficaces instrumentos para conseguir unha maior igualdade entre mulleres e homes no eido laboral.
A Universidade de Vigo é unha das entidades que forman parte de Agrupación de Desenvolvemento do Proxecto Conta con Elas.
Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.
Imaxina e comparte mais en Redondela
	<description><![CDATA[A exposición Imaxina e Comparte mais estará no Edificio Multiusos do Concello de Redondela desde o día 1 ata o 15 de outubro.
A exposición pretende ser un espello que reflicta e reflexione sobre a situación das mulleres.
A exposición amosa, mediante ilustracións e textos, moitas da situacións de desigualdade que se dan tanto no eido persoal e familiar como laboral. A montaxe consta de dous soportes diferentes. Por unha banda, uns paneis nos que se describen as situacións e termos mais frecuentes na desigualdade e nos que prima o aspecto informativo. O texto está ilustrado con debuxos alusivos ao contido explicado.
Por outra banda hai uns cubos nos que o contido principal é o debuxo, nalgúns casos acompañados dun breve texto. A organización da exposición, tanto nun caso como noutro, é mediante cores.
A verde refírese aos esquemas do pasado, a laranxa á situación actual e a azul ao futuro que desexamos.
Nun repaso da evolución da desigualdade, destácase que o desexable para un futuro é a corresponsabilidade nas tarefas familiares, de forma que homes e mulleres compartan a necesidade de compatibilizar vida persoal e laboral.
Como indica un dos textos da exposición, “por corresponsabilidade enténdese a distribución das tarefas do traballo doméstico entre mulleres e homes como a xestión do fogar, o coidado de fillas e fillos, a atención das persoas maiores, etc. A corresponsabilidade esixe que os homes asuman as súas responsabilidades dentro do traballo doméstico, para o que é preciso unha implicación e vontade persoais”. 
Conta con Elas financia a apertura dun novo “Banco do Tempo” en Valadares
	<description><![CDATA[O Proxecto Conta con Elas adxudica ao Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares a posta en marcha dun novo de “Banco do tempo” na parroquia viguesa.  O Centro Cultural A.R. Valladares, a Asociación de Mulleres “Pedra Vella” e a Asociación da 3ª idade “Nevox” xestionarán conxuntamente o Banco.
O proxecto, nunha primeira fase, organizou o obradoiro de formación “Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo” dirixido a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo, que tivo lugar en febreiro.
Xa nesta segunda fase, Conta con Elas impulsa e financia a creación de bancos do tempo na cidade de Vigo. O de Valadares súmase ao Banco do Tempo da Federación Veciñal creado no mes de xuño.
Conta con Elas financia ata o mes de decembro o funcionamento e cede o equipamento informático e material dos bancos do tempo. O novo Banco estará na Sé Social do Centro Cultural, A.R. Valadares.
Os bancos do tempo son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural. O Proxecto Conta con Elas impulsará de xeito experimental a súa posta en marcha, entendendo os “bancos do tempo” como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.
Inicio do curso ”Finanzas para empresarias”
	<description><![CDATA[O Proxecto Conta con Elas ofrece 40 prazas gratuítas para o curso “Finanzas para empresarias” de 65 horas de duración que se desenvolverá online entre os días 27 de setembro ó 12 de novembro do 2007.
As persoas prioritariamente destinatarias da formación son emprendedoras que crearan ou vaian crear a súa empresa na Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, preferentemente en sectores tradicionalmente masculinizados, proxectos innovadores ou medioambientais. 
As mulleres que queiran concorrer á selección deben ser residentes no territorio da Mancomunidade de Vigo e presentar a súa solicitude antes do día 24 do mes de setembro. Pódese encontrar máis información no sitio web do Proxecto Conta con Elas (www.contaconelas.org).
A metodoloxía do curso é a distancia titorizada. Haberá unha sesión presencial para a presentación da plataforma. O obxectivo é introducir e afondar nas cuestións básicas na xestión das finanzas empresariais para a xestión óptima das empresas.
Entre outros temas se axudará a identificar os diferentes ciclos que xeran a actividade empresarial e os documentos básicos na xestión financeira, a coñecer as necesidades financeiras vinculadas á creación da nova empresa e a analizar as diversas fontes de financiamento existentes na empresa e tratar de valorar dende un punto de vista homoxéneo como é o custo que supoñen para a empresa.