Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

Mujeres

Empresa

Instituciones

Sociedad

 

Bancos del tiempo
Bus de la igualdad
Boletín Bus de la igualdad
Actividades
Noticias
Reportajes
O Planeta da Igualdade

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Sociedad > Noticias

Exposición na Lonxa do Concello de Vigo

Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, inaugurou o luns 5 de marzo a exposición do Proxecto Conta con Elas “Imaxina e comparte mais†que se exhibirá na Lonxa da Casa do Concello do 5 ao 16 de marzo. A exposición, xunto coa nova presenza do Bus da Igualdade en Vigo, son algunhas das actividades que o Proxecto realiza ao redor da data do 8 de marzo, Día da Muller.
A exposición pretende ser un espello que reflicta e reflexione sobre a situación das mulleres.
A exposición amosa, mediante ilustracións e textos, moitas da situacións de desigualdade que se dan tanto no eido persoal e familiar como laboral. A montaxe consta de dous soportes diferentes. Por unha banda, uns paneis nos que se describen as situacións e termos mais frecuentes na desigualdade e nos que prima o aspecto informativo. O texto está ilustrado con debuxos alusivos ao contido explicado.
Por outra banda hai uns cubos nos que o contido principal é o debuxo, nalgúns casos acompañados dun breve texto. A organización da exposición, tanto nun caso como noutro, é mediante cores.
A verde refírese aos esquemas do pasado, a laranxa á situación actual e a azul ao futuro que desexamos.
Nun repaso da evolución da desigualdade, destácase que o desexable para un futuro é a corresponsabilidade nas tarefas familiares, de forma que homes e mulleres compartan a necesidade de compatibilizar vida persoal e laboral.


Como indica un dos textos da exposición, “por corresponsabilidade enténdese a distribución das tarefas do traballo doméstico entre mulleres e homes como a xestión do fogar, o coidado de fillas e fillos, a atención das persoas maiores, etc. A corresponsabilidade esixe que os homes asuman as súas responsabilidades dentro do traballo doméstico, para o que é preciso unha implicación e vontade persoaisâ€.

O Bus da Igualdade estará presente nas rúas viguesas desde o día 5 ao 16 de marzo nas ubicacións que se especifican no documento adxunto.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa