Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

Mujeres

Empresa

Instituciones

Sociedad

 

Bancos del tiempo
Bus de la igualdad
Boletín Bus de la igualdad
Actividades
Noticias
Reportajes
O Planeta da Igualdade

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Sociedad > Noticias

Mes da igualdade en Mos

O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezará as súas actividades en Mos coa presentación do proxecto o día 26 de febreiro ás 13:00 no Pavillón Óscar Pereiro coa asistencia da alcaldesa, Mª Jesús Escudero Lago, o teniente de alcalde, José Manuel Martínez Ojea, a concelleira de Muller, Tareixa Mariña Lourido Giráldez, e a deputada provincial, Nidia Arévalo.

O Bus da Igualdade permanecerá no concello do 26 de febreiro ao 2 de marzo con actividades paralelas que se prolongarán ata o 13 de marzo. O xoves 1 de marzo terá lugar no Centro de Desenvolvemento Local un cineforum ao redor da película “Quero ser como Beckhamâ€.

O 5 e 9 de marzo realizarase no IES de Mos o obradoiro “Trocando os guións†para traballar co alumnado a elección non sexista da formación profesional. O día 6 haberá unha mesa redonda no Centro de Desenvolvemento Local onde mulleres con traballos en profesións masculinizadas explicarán a súa experiencia e no mesmo local, o día 13 terá lugar un obradoiro para que homes e mulleres aprendan a aproximarse á igualdade dende as súas circunstancias reais.

No autobús poderase visionar un vídeo referente ás mulleres traballadoras de Mos.
Unha exposición, “Imaxina e comparte maisâ€, no Pavillón Óscar Pereiro completará a programación de actos.

O Mes da Igualdade está dirixido á poboación de Mos a través de actos en locais do concello e tamén por medio do Bus da Igualdade, achegándose aos veciños e ás veciñas alí onde discorre o seu día a día. Dará visibilidade ás mulleres que xa están a traballar en sectores tradicionalmente masculinos e proporcionará formación á comunidade educativa para que se termine coa segregación laboral da muller.

O Bus da Igualdade permanecerá estacionado os días 26 e 27 en Petelos, o 28 en Sanguiñeda, o día 1 en San Eleuterio e o día 2 en San Rafael.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa