Sociedad > Noticias
Presentación del Bus de la Igualdad
O venres 21 de abril presentouse en Vigo e Pontevedra o “Bus da igualdadeâ€, unha iniciativa do proxecto Equal Conta con Elas da Agrupación de Desenvolvemento Ãrea Metropolitana de Vigo. A finalidade do autobús é que desenvolva tarefas de sensibilización durante un ano no contorno social e educativo, sobre a igualdade entre homes e mulleres e que promova un cambio na percepción social das posibilidades laborais das mulleres, percorrendo o territorio da Mancomunidade de Vigo.
O autobús terá actividades dirixidas á poboación en xeral, achegándose aos veciños e ás veciñas alà onde discorre o seu dÃa a dÃa. Dará visibilidade ás mulleres que xa están a traballar en sectores tradicionalmente masculinos e proporcionará formación á comunidade educativa para que se termine coa segregación laboral da muller.
No noso territorio, formado por doce concellos, con áreas urbanas tan puxantes coma a de Vigo, tamén hai concellos cunha estrutura rural e zonas industriais, mesturadas con concellos residenciais e turÃsticos. As situacións de discriminación neste territorio tan heteroxéneo son tamén diferentes e, por iso, o autobús desenvolverá actividades axeitadas ás diferentes situacións de cada área.
O “Bus da Igualdade†ten previsto estar polo menos dúas veces en cada concello, ademais de asistir tamén a tres feiras sectoriais no Ifevi de Vigo. Para este ano xa ten acordada a súa presenza na feira sectorial do sector naval, Navalia, que terá lugar en maio; e no Salón Internacional da Construción, en xuño. É unha das accións que máis visibilidade vai dar no territorio da Mancomunidade ó Proxecto Conta con Elas, da Agrupación de Desenvolvemento Ãrea Metropolitana de Vigo.
O Proxecto Conta con elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.
Subir
|