Qué es Conta Con Elas > Noticias
Inauguración da Xornada Transnacional “Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleresâ€.
O venres 27 de outubro a concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, LucÃa Molares, inaugurará a Xornada Transnacional “Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres†do Proxecto Equal Conta con Elas, que se desenvolverá de 9:15 ás 13:00 horas no Auditorio do Centro Social Caixanova.
A Xornada, que será pública, é o remate de tres dÃas de traballo entre as entidades transnacionais asociadas a Conta con Elas dentro do proxecto “CONSTRUIRE ENSEMBLE UN NOUVEAUX PARCOURS CONTRE LES DISCRIMINATIONS†(ConstruÃr xuntos novos camiños contra as discriminacións).
As entidades asociadas asistentes a este encontro son os proxectos SAVOIR-FAIRE PYRENEENS de Toulouse (Francia); RECUPERARE LO SVILUPPO de Chieti (Italia), e EXITO de Porto (Portugal), que están representadas neste Encontro por 6, 9 e 14 persoas respectivamente..
Na xornada presentaranse os catro proxectos e haberá un relatorio no que Xaime Cabeza, catedrático da Universidade de Vigo, presentará o estudo “Análise de xénero na negociación colectiva do metal e da construción nas empresas da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigoâ€. Tamén haberá unha mesa redonda ao redor da igualdade de oportunidades na educación na que Carmen López, da Deputación de Pontevedra, presentará o xogo interactivo “A igualdade non é un xogoâ€.
Subir
|