Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

 

Agrupación de desarrollo
Equipo
Sedes
Qué es Equal
A quién va dirigido
Cómo colaborar
Publicaciones y Materiales
Noticias
Reportajes

Mujeres

Empresa

Instituciones

Sociedad

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Qué es Conta Con Elas > Noticias

Presentación de Conta con Elas

O martes 7 de marzo presentouse o Proxecto Equal Conta con Elas, que desenvolverá a súa actividade no territorio da Mancomunidade de Vigo durante os próximos dous anos.

O Proxecto, cun orzamento de cerca de tres millóns de euros, ten como eixo central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral para diminuír a segregación laboral das mulleres. O Proxecto Conta con Elas impulsará e favorecerá o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo.

Actuarase sobre o contorno social e educativo, sobre o institucional, sobre o empresarial-laboral e directamente sobre mulleres desempregadas formadas en profesións con escasa presenza feminina.

Tamén se actuará sobre mulleres empregadas para a súa promoción dentro da empresa, mediante planes individualizados de formación.

O Proxecto conta con catro centros antena para atención a persoas en Vigo, O Porriño, Redondela e Gondomar, ademais dos centros atendidos polos sindicatos con persoal especialista no sector laboral dende a perspectiva de xénero.

A sensibilización sobre o tema de igualdade chegará a todo o territorio da Mancomunidade gracias ó Bus da Igualdade, unha iniciativa novedosa para acercar material multimedia a toda a poboación.

O acto de presentación, na véspera do día da Muller Traballadora, foi inaugurado por Lucía Molares, concelleira delegada para o proxecto e contou coa presencia da presidenta da Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo (MAIV), Corina Porro que interviu na clausura da xornada. A MAIV é a entidade pública responsable do proxecto, que conta como entidades asociadas con os tres sindicatos (UGT, CCOO e CIG), a patronal CEP, a Fundación Caixanova, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa