Qué es Conta Con Elas > Noticias
Imaxina e comparte mais en Redondela
A exposición Imaxina e Comparte mais estará no Edificio Multiusos do Concello de Redondela desde o dÃa 1 ata o 15 de outubro.
A exposición pretende ser un espello que reflicta e reflexione sobre a situación das mulleres.
A exposición amosa, mediante ilustracións e textos, moitas da situacións de desigualdade que se dan tanto no eido persoal e familiar como laboral. A montaxe consta de dous soportes diferentes. Por unha banda, uns paneis nos que se describen as situacións e termos mais frecuentes na desigualdade e nos que prima o aspecto informativo. O texto está ilustrado con debuxos alusivos ao contido explicado.
Por outra banda hai uns cubos nos que o contido principal é o debuxo, nalgúns casos acompañados dun breve texto. A organización da exposición, tanto nun caso como noutro, é mediante cores.
A verde refÃrese aos esquemas do pasado, a laranxa á situación actual e a azul ao futuro que desexamos.
Nun repaso da evolución da desigualdade, destácase que o desexable para un futuro é a corresponsabilidade nas tarefas familiares, de forma que homes e mulleres compartan a necesidade de compatibilizar vida persoal e laboral.
Como indica un dos textos da exposición, “por corresponsabilidade enténdese a distribución das tarefas do traballo doméstico entre mulleres e homes como a xestión do fogar, o coidado de fillas e fillos, a atención das persoas maiores, etc. A corresponsabilidade esixe que os homes asuman as súas responsabilidades dentro do traballo doméstico, para o que é preciso unha implicación e vontade persoaisâ€.
Subir
|