Qué es Conta Con Elas > Noticias
Conta con Elas financia a apertura dun novo “Banco do Tempo†en Valadares
O Proxecto Conta con Elas adxudica ao Centro Cultural ArtÃstico e Recreativo de Valadares a posta en marcha dun novo de “Banco do tempo†na parroquia viguesa. O Centro Cultural A.R. Valladares, a Asociación de Mulleres “Pedra Vella†e a Asociación da 3ª idade “Nevox†xestionarán conxuntamente o Banco.
O proxecto, nunha primeira fase, organizou o obradoiro de formación “Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo†dirixido a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo, que tivo lugar en febreiro.
Xa nesta segunda fase, Conta con Elas impulsa e financia a creación de bancos do tempo na cidade de Vigo. O de Valadares súmase ao Banco do Tempo da Federación Veciñal creado no mes de xuño.
Conta con Elas financia ata o mes de decembro o funcionamento e cede o equipamento informático e material dos bancos do tempo. O novo Banco estará na Sé Social do Centro Cultural, A.R. Valadares.
Os bancos do tempo son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural. O Proxecto Conta con Elas impulsará de xeito experimental a súa posta en marcha, entendendo os “bancos do tempo†como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.
Subir
|