Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

 

Agrupación de desarrollo
Equipo
Sedes
Qué es Equal
A quién va dirigido
Cómo colaborar
Publicaciones y Materiales
Noticias
Reportajes

Mujeres

Empresa

Instituciones

Sociedad

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Qué es Conta Con Elas > Noticias

Conta con Elas financia a creación de cinco “Bancos do Tempo†en Vigo

O Proxecto Conta con Elas adxudica á Federación Veciñal a posta en marcha de cinco secretarías de “Bancos do tempo†no concello de Vigo. O proxecto, nunha primeira fase, organizou o obradoiro de formación “Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo†dirixido a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo, que tivo lugar en febreiro.
Xa nesta segunda fase, Conta con Elas impulsa e financia a creación de cinco bancos do tempo na cidade de Vigo. Conta con Elas financia durante seis meses o funcionamento e cede o equipamento informático e material dos bancos do tempo. As sés que se crean están situadas, no ámbito urbano, na Federación Veciñal de Vigo “Eduardo Chao†e na Secretaría da Asociación Veciñal Fonte do Galo; no ámbito semiurbano, na Secretaría da Asociación Veciñal A Paz; e no ámbito rural, na Secretaría da Asociación Veciñal de Coruxo e na Secretaría da Asociación Veciñal O Freixo.
Os bancos do tempo son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural. O Proxecto Conta con Elas impulsará de xeito experimental a súa posta en marcha, entendendo os “bancos do tempo†como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa