Igualdad de oportunidades > Noticias
Entrevista a Clara RodrÃguez, dinamizadora dos cubos do Verbum
Que é o que chama máis a atención aos nenos e nenas dos cubos de Conta con Elas?
O que chama máis a atención dos cubos de Conta con Elas é o xogo das ferramentas. No xogo deben identificar a quen corresponden os obxectos que van caendo na pantalla; a homes, mulleres ou ámbolos dous. A maior parte das nenas e os nenos cren que os traballos que requiren forza fÃsica non son para facer elas. É curioso xa que botan a rir cando lles falas dunha muller albanela ou camioneira. Os que coñecen algunha situación das anteriores reaccionan e confirman ao resto que si é posible porque eles o viron ou saben dalgunha muller camioneira, albanela ou obreira. Unha vez que entenden que tódalas ferramentas son neutras sempre cun sorriso arguméntanme que esa non é a realidade e non cren que sexa posible que cheguen a existir tantas albanelas como albanel. Os cursos da ESO ou Bacharelato son os que ven máis difÃcil o cambio.
Cales son as reaccións máis frecuentes das nenas e dos nenos?
Os nenos e as nenas máis pequenos escoitan, xogan e cren comprender que son todos iguais pero canto maiores son, as reaccións de sorpresa crecen e case sempre rin ao ver as imaxes de igualdade.
Ãs nenas lles gusta moito a imaxe da mecánica arranxando unha moto, chámalles a atención e o comentan entre elas. Tamén algúns nenos e nenas comentan as veces que non é habitual ver ao pai xogando cos fillos e isto si que é unha sorpresa para min.
Como ves a iniciativa de Conta con Elas e o Planeta da Igualdade?
Non hai dúbida que aÃnda queda moito que traballar se queremos acadar a igualdade de xénero e o Planeta da Igualdade amósase coma un graniño de area para chegar ao obxectivo final. É ben certo que a educación é primordial para lograr a igualdade e esta iniciativa aÃnda que so sexa por uns minutos fai pensar ao alumnado, recapacitar e asumir que o cambio está nel. Danse conta dos seus prexuÃzos e daqueles valores impostos pola sociedade que teñen que mudar se queremos acadar unha convivencia máis xusta e igualitaria. As veces estarÃa ben contar con máis tempo e con máis recursos lúdicos para atender a grupos moi numerosos, imaxÃnome a posibilidade de ter máis módulos e moitos máis xogos adaptados aos diferentes niveis, hai moito por facer e hai que pensar as máis novidosas estratexias para chegar aos nenos e ás nenas.
Cres que está a ter un impacto na educación dos nenos e nenas?
Causa impacto dende o primeiro momento que lles chama a atención. Sobre todo nenas e nenos de infantil non tocan estes temas na escola e quedan abraiados e desconcertadas ao ver que nenas e nenos poden facer e ser o que desexen independentemente do seu xénero. A magoa é non poder ter unha continuidade na escola e sobre todo nas súas casas, estarÃa ben que os pais e nais tamén participaran na iniciativa dalgunha maneira. Moitas veces as nenas e nenos fan comentarios das situacións de desigualdade coas que conviven e é abraiante o que queda para acadar o noso Planeta da Igualdade.
Tes algunha anécdota dalgún rapaz o rapaza que visitara os cubos?
Nos obradoiros sucédense anécdotas tódolos dÃas, o outro dÃa a un neno de 8 anos foise moi descontento do Planeta da Igualdade porque estaba convencido de que este Planeta esta ben e non querÃa que nada mudara. Non viu ben que os homes plancharan e non houbo maneira de que lle gustara un pouco a nosa iniciativa.
Outro neno de 12 anos dÃxome que era imposible contratar a un home para facer as tarefas do fogar ou coidar aos nenos, todo xurdiu tras xogar ao xogo das ferramentas, segundo o neno a aspiradora é unha ferramenta de mulleres de “toda a vidaâ€. Os rapaces son os que máis pegas lle poñen ao Planeta da Igualdade porque creen que lles prexudica en vez de beneficiarlles que é o que queremos transmitirlles.
Outra anécdota recorrente é que sempre que ven algunha imaxe de igualdade comentan que o home está a axudar a muller, e insisto moito en que colaboran ambos nas tarefas do fogar porque é tarefa de ambos pero esquéceno ao minuto e volven dicir axuda unha e outra vez.
Para rematar gustarÃame dicir que os debates que xorden son moi interesantes, falan de paridade, de responsabilidade, de xustiza, de engadir valor o Planeta e de moitÃsimos temas que as veces non teñen espazo para ser tratados, nin na escola, nin na casa nin na rúa.
Subir
|