|
|
O Proyecto Conta con Elas está presente na Feira Enernova |
O Proxecto Conta con Elas está presente na feira sectorial Enernova, I Feira Internacional das Enerxías Renovables e o Medio Ambiente, que se realizará do 7 ao 9 de xuño no recinto do Ifevi de Vigo.
Dentro do recinto, Conta con Elas terá un stand de 24 metros cadrados no que se dará información sobre o proxecto e máis especificamente sobre as accións destinadas ás empresas e ao sector medioambiental.
A presenza de Conta con Elas na feira Enernova débese ao interese de acudir alí onde as empresas se encontran e darse a coñecer, especialmente ás empresas de sectores do medio ambiente, un dos eixes transversais do proxecto.
O Proxecto ten como eixe central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral para diminuír a segregación laboral das mulleres. Conta con Elas impulsa e favorece o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo.
O Proxecto Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. |
|
|