# NÚMERO 15  |  MARZO 2007  |   EDICIÓN WEB  |  VOLVER A PORTADA


""
 
O Proxecto Conta con Elas en Salceda

 

O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Salceda coa presentación que levou a cabo o alcalde José Manuel Fernández Rodríguez, o concelleiro de Cultura Jaime Rodríguez, e a deputada provincial Nidia Arévalo o día 20 de marzo ás 12 da mañá na Casa do Concello.
O Bus da Igualdade permaneceu en Salceda do 20 ao 26 marzo, e as actividades paralelas desenvolvéronse desde o 22 ao 29 do mesmo mes. Durante eses días houbo obradoiros da igualdade, tanto para persoas adultas coma para nenos e nenas en idade escolar. Tamén tivo lugar un cinefórum sobre a película “Quero ser como Beckham” e unha mesa de visibilización onde mulleres en profesións tradicionalmente masculinas contaron a súa experiencia.

A exposición “Imaxina e comparte máis” no Auditorio, entre os días 19 e 25 de marzo, completou a programación de actos.

O Mes da Igualdade estivo dirixido á poboación de Salceda a través de actos en locais do concello e tamén por medio do Bus da Igualdade, achegándose aos veciños e ás veciñas alí onde discorre o seu día a día. Deu visibilidade ás mulleres que xa están a traballar en sectores tradicionalmente masculinos e proporcionou formación á comunidade educativa para que se termine coa segregación laboral da muller.

O Bus da Igualdade permaneceu estacionado do día 20 ao 22 na Praza do Concello e os días 23 e 24 de marzo no Instituto de Ensino Pedras Rubias.